Debates |
Valorarase a participación activa e a contribución ao debate e ás conclusións que se poidan tirar da actividade argumentativa. |
10 |
Traballos tutelados |
Valorarase o proceso e o resultado final do estudo ou investigación. Terase en conta a forma e presentación externa (grafismo, ilustracións), a organización, as fontes e referencias usadas, a calidade dos argumentos e o coidado da lingua. |
25 |
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Farase unha proba ó final do cuadrimestre na que o estudante deberá demostrar o uso correcto da lingua, compoñendo un texto ou ben identificando e corrixindo erros lingüísticos en textos escritos e orais. |
10 |
Avaliación continua a través do seguimento das lecturas, titorías e traballos realizados ao longo do curso. Avaliación global do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias e coñecementos a través de probas presenciais. Avaliación baseada na participación activa do alumno e na entrega dos traballos e exercicios que se requiriron ao longo do curso. A segunda convocatoria consistirá nun exame escrito e nunha proba oral. Poderíase valorar tamén a presentación dun traballo previamente acordado co profesor. Cualificación numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003). |