Debates |
Intercambio de argumentacións entre estudantes ou grupos de estudantes sobre contidos da materia que incluirían a discusión de temas lingüísticos ou publicitarios controvertidos. Poderían centrarse tamén na análise dun caso ou nos diferentes puntos de vista con relación aos traballos que se vaian facendo. |
Traballos tutelados |
Elaboración dun texto de carácter académico-divulgativo de certa extensión baseado en investigacións feitas nas áreas de estudo relacionadas coa lingua e a publicidade. Coa súa realización, o que se pretende é que o estudante traballe de maneira crítica e analítica e se habitúe os estándares formais das publicacións académicas baixo a orientación do profesor. |