Guia docente 2011_12
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Ciencia política II: Fundamentos de ciencia da administración
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios A resolución de problemas e exercicios defínese como unha parte fundamental para poder realizar unha avaliación continuada do traballo do alumno, para o que será requisito participar nas diferentes sesións de martes e xoves programadas ao efecto. 55
Seminarios A participación individual en seminarios programados e/ou recomendados pola área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, considérase unha ferramenta necesaria para o afianzamento de conceptos e a análise crítica sobre as Administracións Públicas. 5
Debates O debate en grupo favorece a crítica construtiva e desenvolve as capacidades de comunicación, expresión e negociación (entre outras) dos alumnos no ensino superior.
De aí a importancia deste instrumento para o desenvolvemento dos contidos e o cumprimento dos obxectivos da materia.
5
Sesión maxistral A asistencia ás sesións teóricas supón a base sobre a cal se constrúe parte do coñecemento da materia.
A outra parte necesaria, implica a participación dos alumnos a través de preguntas ao titor.
20
Probas de autoavaliación De forma individual, cada un dos alumnos deberá cumprimentar unha breve proba de autoavaliación para cada un dos módulos da guía. 5
Informes/memorias de prácticas As prácticas que cada equipo de traballo foi desenvolvendo ao longo do cuadrimestre deberán ser obxecto de análise nun informe descritivo a través do cal se resuma cada unha das actividades expostas polo titor para cada módulo. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000