Traballos tutelados |
Traballo de investigación teórico sobre un aspecto do cine documental que deberá ser fixado entre o profesor e o alumno previamente |
10 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Exame escrito da materia na o data correspondente |
40 |
A materia impartese en réxime presencial, polo tanto, é OBLIGATORIA a asistencia ás clases, tanto teóricas como prácticas. Ao longo do curso realizaráse un control de asistencia.
Para superar a materia é necesario ter aprobadas todas as partes, isto é: a parte teórica, a práctica e superar o control de asistencia.
En caso de suspender a parte práctica na convocatoria de xuño, os alumnos terán que realizar unha serie de traballos prácticos pactados co profesor co obxectivo de superar a materia.
En caso de suspender a parte teórica na convocatoria de xuño, os alumnos deberán superar un exame teórico na segunda convocatoria.
Aqueles alumnos que non superen o control de asistencia deberán presentar un traballo compensatorio pactado previamente co docente.
En caso de non superar a materia na segunda convocatoria o alumno terá que volver a cursar a materia adaptándose á guía docente do curso no que se matricule. |