Guia docente 2011_12
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Expresión sonora e estilos musicais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análise de situacións Consistirá na realización, por escrito, da análise de varios fragmentos de eventos audiovisuais. Esta análise consistirá na determinación dos aspectos narrativos, expresivos e funcionais dos mesmo 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O alumno realizará a preproducción, dirección e locución dun micro programa radiofónico. Isto levarase a cabo no locutorio de radio. Para iso contará coa colaboración dun compañeiro/a que se encargará dos aspectos técnicos deste.

15
Traballos e proxectos O alumno, de forma individual, realizará unha montaxe, no que inclúa todos os elementos dunha banda sonora: voz, efectos sonoros e música. Este traballo será realizado nas estacións de procesado de audio de que dispón a facultade.
Na valoración do traballo teranse en conta, tanto os aspectos técnicos coma narrativos e expresivos
20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os alumnos, en equipo, levarán a cabo a preproducción e posterior produción en directo simulado, dun programa radiofónico de variedades que incluirá un informativo. Os distintos labores técnicos, narrativos e organizativos, repartiranse entre os participantes no grupo . A cualificación será a mesma para todos os membros do mesmo. 10
Traballos e proxectos Os alumnos realizarán un traballo audiovisual, en formato documental, referente a Estilos musicais. Este traballo será realizado en grupo e valoraranse, tanto a información coma a calidade da execución técnica deste. Esta valoración será dun 50% para cada un dos aspectos 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación



Os traballos terán unha orde de execución
e iranse realizando a medida que avance o curso. A orde será o seguinte:

1º traballo individual en radio

2º traballo en grupo en radio

3º traballo individual en estación de procesado de audio

4º traballo audiovisual sobre estilos musicais

5º estudo de casos audiovisuais



Será necesario realizar todos os traballos para superar a materia,

Será imprescindible aprobar o traballo sobre Estilos musicais e a análise de
casos audiovisuais para superar a materia



Os traballos terán unha data improrrogable de entrega. Fóra desta,
consideraranse non entregados nesta convocatoria e quedarán para a seguinte.

Serán excepcións, aqueles traballos cuxa realización se vexa impedida debido a
imponderables de tipo funcional, ou de paradas na actividade docente por causas
de forza maior.

En caso de enfermidade do alumno ou outras circunstancias similares, estudarase
cada caso e tomaranse as decisións que corresponda en cada circunstancia.

En calquera caso os traballos realizados se valorarán e, a súa cualificación en
caso de ser positiva, manterase para a segunda convocatoria aínda que a materia
non fose superada na súa totalidade.