Guia docente 2011_12
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Empresa: Mercadotecnia de produtos audiovisuais e multimedia
   Competencias de titulación
Código Descrición
A3 Coñecemento teórico-práctico das estruturas organizativas no campo da comunicación visual e sonora, así como a súa evolución e xestión no tempo, incluíndo a tributación audiovisual. Tamén comprende o coñecemento e a investigación da natureza e interrelacións entre os suxeitos da comunicación audiovisual: autores, institucións, empresas, medios, soportes e receptores
A6 Coñecemento da realidade político-social do mundo na era da comunicación global
A7 Coñecemento do uso correcto oral e escrito das linguas oficiais aplicadas á comunicación audiovisual
A11 Coñecemento das estratexias de comunicación persuasiva nos mercados audiovisuais
A12 Coñecemento teórico-práctico dos mecanismos lexislativos de incidencia no audiovisual ou na comunicación, así como o réxime xurídico da súa aplicación nas producións audiovisuais. Incluíndo tamén o coñecemento dos principios éticos e das normas deontolóxicas da comunicación audiovisual, en especial as relativas á igualdade de homes e mulleres, á non discriminación de persoas con discapacidade, e ao uso non sexista da imaxe feminina nos medios de comunicación de masas
A28 Capacidade para a identificación dos procesos e técnicas implicadas na dirección e xestión de empresas audiovisuais na súa estrutura industrial: produción, distribución e exhibición, así como de interpretar datos estatísticos do mercado audiovisual. Nesta competencia inclúese a xestión e organización dos equipos humanos para a produción audiovisual existente
A29 Capacidade para aplicar procesos e técnicas implicadas na organización e xestión de recursos técnicos en calquera dos soportes sonoros e visuais existentes
A32 Capacidade para aplicar técnicas e procesos de produción na organización de eventos culturais, mediante a planificación dos recursos humanos e técnicos implicados, axustándose a un orzamento previo
A34 Capacidade para levar a cabo a análise das estruturas, contidos e estilos da programación televisiva e radiofónica así como as distintas variables que inflúen na súa configuración e procesos tanto comunicativos como espectaculares por eles xerados
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000