Guia docente 2011_12
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Ciencia política: Política, cidadanía e democracia
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecemento teórico-práctico das estruturas organizativas no campo da comunicación visual e sonora, así como a súa evolución e xestión no tempo, incluíndo a tributación audiovisual. Tamén comprende o coñecemento e a investigación da natureza e as interrelacións entre os suxeitos da comunicación audiovisual: autores, institucións, empresas, medios, soportes e receptores.
saber
A3
Coñecemento da realidade político-social do mundo na era da comunicación global.
saber
A6
Coñecemento teórico-práctico dos mecanismos lexislativos de incidencia no audiovisual ou na comunicación, así como o réxime xurídico da súa aplicación nas producións audiovisuais, incluíndo tamén o coñecemento dos principios éticos e das normas deontolóxicas da comunicación audiovisual, en especial as relativas á igualdade de homes e mulleres, á non discriminación de persoas con discapacidade e ao uso non sexista da imaxe feminina nos medios de comunicación de masas.
saber
A12
Habilidade para expoñer de forma adecuada os resultados dos traballos académicos de xeito oral ou por medios audiovisuais ou informáticos consonte os canons das disciplinas da comunicación.
saber facer
A41
Capacidade para percibir criticamente a nova paisaxe visual e auditiva que ofrece o universo comunicativo que nos rodea, considerando as mensaxes icónicas como froito dunha sociedade determinada, produto das condicións sociopolíticas e culturais dunha época histórica determinada.
saber facer
A44
Capacidade para asumir o liderado en proxectos que requiran recursos humanos e de calquera outra natureza, xestionándoos eficientemente e asumindo os principios da responsabilidade social.
saber facer
A45
Capacidade de adaptación aos cambios tecnolóxicos, empresariais ou organigramas laborais.
Saber estar / ser
B1
Capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como capacidade para integrarse nun proxecto común encamiñado á obtención de resultados.
Saber estar / ser
B2
Capacidade para asumir riscos: capacidade para asumir riscos expresivos e temáticos, aplicando solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento dos proxectos.
Saber estar / ser
B3
Toma de decisións: capacidade para acertar ao elixir en situacións de incerteza, asumindo responsabilidades.
Saber estar / ser
B4
Práctica sistemática de autoavaliación crítica de resultados: valoración da importancia de corrixir e axustar constantemente os erros cometidos nos procesos creativos ou organizativos.
Saber estar / ser
B5
Orde e método: habilidade para a organización e temporalización das tarefas, realizándoas de xeito ordenado adoptando con lóxica as decisións prioritarias nos diferentes procesos de produción audiovisual.
Saber estar / ser
B6
Conciencia solidaria: respecto solidario polas diferentes persoas e pobos do planeta, polos valores universais de educación, cultura, paz e xustiza, e polos dereitos humanos, a igualdade de oportunidades e a non discriminación de mulleres e persoas con discapacidade.
Saber estar / ser
B7
Sensibilidade, respecto e necesidade de conservación do patrimonio cultural e audiovisual de Galicia e do mundo.
Saber estar / ser
B8
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000