Resultados previstos na materia |
Tipoloxía |
Resultados de Formación e Aprendizaxe |
1. Fundamentar con coñecementos teóricos unha práctica axeitada, coherente e correcta en lingua galega.
2. Saber desenvolverse con soltura en galego estándar tanto de forma escrita coma oral. |
|
A7
|
|
1. Analizar textos literarios ou de ficción audiovisual nas súas partes constitutivas.
2. Identificar os seus recursos, elementos e procedementos estruturais.
|
|
A9
|
|
1. Aprender a construír textos satisfactorios no contexto profesional da comunicación audiovisual.
2. Aprender a sintetizar textos longos, a expandir textos breves, a reescribir calquera texto noutra tipoloxía textual diferente ou a combinar dous ou máis textos para crear un novo. |
|
A26
|
|
1. Aprender a planificar, organizar e redactar diversos tipos de textos e documentos relacionados co ámbito académico.
2. Aprender a expoñer de forma axeitada os resultados de traballos académicos de xeito oral ou servíndose de medios audiovisuais ou informáticos. |
|
A41
|
|
1. Ser capaces de interpretar o ámbito económico, social, político, tecnolóxico e comunicativo a través do discurso lingüístico, así como de apreciar a diversidade cultural e artística e de ser sensible ás repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos.
2. Ser capaces de interpretar o ámbito humano e comunitario galego, atendendo á súa identidade e valores, de mostrar empatía con el e de cuestionar prexuízos e falsos axiomas lingüísticos. |
|
A44
|
|
1. Aprender a argumentar e discutir ideas, individualmente ou en grupo, mantendo puntos de vista pertinentes sobre temas xerais ou especializados.
2. Aprender a colaborar en actividades de grupo a través da comunicación oral e escrita das ideas propias e a ser comprensivo e receptivo ás ideas alleas. |
|
|
B2
|
1. Aprender a asumir os riscos da comunicación. Aprender a ser ousados na expresión e no tratamento. Aprender a necesidade de usar o galego para conservar o espírito comunitario e facer avanzar a cultura da comunidade en que vivimos.
2. Aprender o valor das linguas e das culturas e a orixinalidade con que cada unha delas proxecta a súa visión do mundo. |
|
|
B3
|
1. Analizar e valorar criticamente exemplos de expresión oral e escrita en galego.
2. Promover a autonomía do alumno para producir e corrixir diversos tipos de textos orais e escritos, empregando axeitadamente os recursos da lingua galega. |
|
|
B5
|
1. Ser capaces de entender todo tipo de textos e de interpretar produtos audiovisuais, de apreciar as diferenzas estéticas entre eles, de formular razoamentos críticos sobre eles.
2. Ler para aprender a apreciar valores universais coma a beleza, a bondade, a xustiza ou a solidariedade. Ler para detectar a súa ausencia. Ler para entender o lugar que habitamos. Ler para comprender e respectar as posicións alleas, para ter en conta aos outros. Ler para poder razoar criticamente e saber responder aos retos da civilización actual. Ler e escribir para favorecer a expresión dun pensamento crítico, independente, orixinal e tolerante. |
|
|
B7
|
Valorar criticamente textos e discursos. Reflexionar sobre a lingua e a cultura audiovisual galegas, e sobre o papel que ambas xogan na Galicia contemporánea. |
|
|
B8
|