Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde
 Materias
  Metodoloxía Cualitativa nas Ciencias da Actividade Física
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos Cada alumno presentará un proxecto de investigación onde se reflexen as diferentes fases do proceso. 80
Estudo de casos/análise de situacións O profesor facilitará o alumno problemas e estudo de casos que se resolveran mediante dinámicas de grupo e estudio individualizado do caso.
<br>Estes casos estarán relacionados cos conceptos e procedementos traballados e terán como finalidade que os alumnos ós aplique nun contexto real.
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da
materia desenvólvese en varios niveis e dimensións. Partindo do marco xeral do
obxectivos, e dicir, das capacidades, a avaliación intentará recoller e valorar
aqueles aspectos relacionados co campo dos coñecementos, campo dos
procedementos, campo actitudinal e campo relacional.

Entendemos que o
equilibrio estará en que o alumnado acade estas catro grandes dimensións que
dalgunha forma contribuirá a que se forme máis integralmente.

Os traballos presentados avaliaranse partindo dos
seguintes criterios:

• Demostración da utilización e dominio dos coñecementos
disponibles nos documentos traballados na aula para contrastar as propias
ideas, apoialas e fundamentalas.

• Comprensión das ideas básicas contidas nos materiais utilizados e analizados

• Elaboración da expresión das ideas propias argumentadas

• Capacidade de escoita e receptividade das ideas dos outros pa a mellora do
rendimento académico

• Crítica razonada de posicions e de feitos fundamentados con argumentos,
utilizando un vocabulario técnico propio da materia.

• Claridade expositiva nos debates e habilidades de comunicación,

• Estructura correcta da presentación do proxecto seguindo as pautas
traballadas na aula.

• Estructura lóxica das ideas no documento presentado

• Calidade das aportacions e expresións de ideas innovadoras, contribuciónsno
traballo en grupo, compromiso nas diversas tarefas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000