Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación física e a súa didáctica na educación primaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exame tipo test e/ou pregunta curta 50
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Avaliarase o traballo entregado pola/o estudante sobre os exercicios propostos. Valorarase a calidade, a coherencia, os aspectos formais, etc. Este apartado formará parte da avaliación dependendo da marcha do curso, podendo chegar a valer ata un 10% da nota final, o que faría que o exame valese un 40% si a docente decide aplicar este criterio de avaliación. 0
Traballos de aula Avaliaranse os traballos realizados mediante unha ficha de avaliación. Valoraranse distintos aspectos dependendo do traballo en cuestión, como a participación, a calidade do traballo, a progresión, etc. 20
Prácticas de laboratorio Participación activa nas clases prácticas avaliada mediante unha ficha de control 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia en primeira convocatoria e de xeito continuo, o alumnado ha de aprobar tanto a parte teórica (50%) como a parte práctica (50%), baseándonos nas porcentaxes que se describen arriba.


En "resolución de problemas e exercicios", avaliarase o traballo entregado pola/o estudante sobre os exercicios propostos. Valorarase a calidade, a coherencia, os aspectos formais, etc. Este apartado formará parte da avaliación dependendo da marcha do curso, podendo chegar a valer ata un 10% da nota final, o que faría que o exame valese un 40% si a docente decide aplicar este criterio de avaliación.

Quen non cumpra estes requisitos presentarase en xuño ou xullo a unha avaliación consistente en:


a) exame sobre a parte teórica da materia: 5 puntos


b) exame sobre a parte práctica da materia: 5 puntos


É imprescindible aprobar tanto o apartado a) como o b) para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000