Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua inglesa e a súa didáctica
   Contidos
Tema Subtema

1. Introdución aos conceptos básicos do ensino comunicativo dunha lingua estranxeira, incluíndo as funcións lingüísticas, e as competencias e
estratexias comunicativas.
1a. Situacións de ensino das linguas estranxeiras na Educación Primaria: a
clase de lingua estranxeira, as seccións bilingües, os centros plurilingües
e a clase de acollida.
1bA lingua inglesa como lingua estranxeira.
1c. O Cadro Europeo Común de Referencia para as linguas (CECR) e o
Portfolio Europeo das Linguas (PEL).
2. Identificación de oportunidades na contorna para fomentar a propia aprendizaxe e diagnóstico de necesidades e obxectivos. Uso de
internet para aprendizaxe autónoma.
2a. As variábeis do ensino das linguas estranxeiras na educación primaria:
idade, lingua inicial, contexto sociocultural, necesidades e obxectivos.
2b. Metodoloxías no ensino das linguas estranxeiras.
2c. Aprendizaxe da lingua estranxeira por proxectos na Educación
Primaria.
3. A presentación de novos elementos funcionais, gramaticais e lexicais na aula. A práctica oral na aula mediante actividades comunicativas en parellas e grupos. 3a. O nivel A1 do MECR en educación infantil: obxectivos, contidos e
competencias.
3b. O DCB de Educación Primaria e a aprendizaxe das linguas
estranxeiras.
3c. Actividades para traballar as competencias lingüísticas en lingua
estranxeira na Educación Primaria: comprensión oral e escrita, expresión
oral e escrita.
4. O lugar dos xogos gramaticais na aula; crear e levar a cabo actividades que fomentan a produción comunicativa e „autónoma‟ na aula. O
contacontos na aula de lingua estranxeira.
4a. Cancións e música na clase de inglés en Educación Primaria.
4b. O papel dos contos na clase de inglés de Educación Primaria.
4d. O uso do xogo na clase de inglés de Educación Primaria.
5. A unidade didáctica: preparación dunha
unidade didáctica – elección de temática, identificación de metas, obxectivos e de competencias lingüísticas, socioculturais,discursivas e estratéxicas, planificación e temporalización da unidade.
5a. A escolla de materiais para traballar na aula: documentos
pedagoxizados e documentos auténticos.
5b. Temporalización de obxectivos, contidos e actividades.
6. A avaliación: avaliar a propia experiencia con esta materia en termos das necesidades e obxectivos identificados ao comezo do curso; a
avaliación do inglés na aula de Primaria, por parte do profesor e por parte do alumno.
6a. A avaliciación da comprensión oral e escrita.
6b. A avaliación da expresión oral e escrita.
7. Lingua. Quen son? 7a. Características físicas, afectivas e persoais: describirse a si mesmo e os demais en termos da apariencia e do carácter. Identificar alguén mediante a súa descrición.
7b. Expresar o acordo e o desacordo; técnicas de clarificación, paráfrase e
verificación.
8. Lingua. A medio no que vivimos. 8a. Descrición de vivendas e lugares.
8b. Comprensión de anuncios de pisos e vivendas en aluguer.
8c. Orientarse na cidade.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000