Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Elaboración dun traballo (texto escrito, estudo dialectolóxico ou análise de calquera aspecto relacionado co programa). 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercicios relacionados co temario da materia. 20
Outras Exame. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modelo A. O alumnado que asista regularmente á clase (80%), para poder presentarse ao exame, terá que superar antes os exercicios das clases B e o traballo das clases C. Para aprobar a materia hai que superar o traballo, os exercicios e o exame. Mentres non se aprobe o exame non se sumarán as notas de B e C.


Modelo B. O alumnado que non asista regularmente á clase (80%), para poder presentarse ao exame terá que entregar dúas semanas antes do mesmo, e como prerrequisito, os exercicios das clases  B e un traballo equivalente ao das clases C. Estes traballos só contarán como prerrequisito para poder presentarse ao exame.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000