(*)Este curso ten como finalidade unha aproximación teórico-práctica aos coñecementos fundamentais da lingua española, ferramenta básica en todo proceso de comunicación. Pretende, ademáis, que os estudantes adquiran as destrezas precisas que, como futuros profesionais, deben perfeccionar nas clases para acadar os obxectivos inherentes á aprendizaxe: capacidade lectora, expresión oral, expresión escrita e o análise e a interpretación de textos orais e escritos.