(*)Se tomamos en consideración os referentes que neste momento existen acerca das
tendencias ao redor da titulación que marca o EEES, como son o estudo das
competencias específicas de formación disciplinar e profesional do Libro Branco
(ANECA) do Título de Grao de Maxisterio na área de ciencias experimentais, obsérvase
que as competencias máis valoradas aluden a aspectos vinculados directamente co
desenvolvemento didáctico da área, xunto á imprescindible formación e coñecemento
dos contidos do propio currículo de Ciencias da EP. As competencias específicas para
a área de Ciencias Experimentais, exponse en termos de obxectivos na proposta de
Título Universitario de Grao segundo RD 55/2005, de 21 de xaneiro de Mestre de EP.
Neste contexto normativo, as universidades van seguir sendo competentes na
formación inicial do profesorado e van seguir contribuíndo substancialmente ao perfil
profesional do profesorado novel de EP.