Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Ciencias experimentais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Traballos de aula 40
Prácticas de laboratorio Prácticas experimentais 20
Proxectos Elaboración de proxectos globalizados 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Cada alumna e cada alumno confeccionará un cartafol, na sección
    particular específica da aula virtual da materia - curso en FAITIC, que
    consistirá nun diario persoal de seguimento das sesións lectivas, coas
    notas de aula, ampliacións, achegas, reflexións propias e coa avaliación
    e autoavaliación das sesións correspondentes.
    A
    realización completa e a entrega deste cartafol será condición
    necesaria e imprescindible para acollerse á opción de modalidade
    presencial de avaliación continua.
  • Na bibliografía inclúese a referencia completa do libro titulado Ciencia para educadores. O uso deste libro é obrigatorio para poder realizar unha parte importante das actividades e traballos que serán obxecto de avaliación.
  • Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento axeitado.
  • Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán
    dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada
    alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do
    curso en FAITIC, en formatos de código aberto ou de visores libres.
  • Para obter unha avaliación positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan axeitadas.
  • A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000