Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Coñecemento do medio natural
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Informes/memorias de prácticas Cada alumna e cada alumno confeccionará, no seu caderno de traballo na aula virtual da materia - curso, os informes descriptivos das prácticas de laboratorio realizadas. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Cada alumna e cada alumno confeccionará, no seu caderno de traballo na aula virtual da materia - curso, un trabalo monográfico de investigación sobre unha situación - problema en relación co medio. 40
Traballos e proxectos Cada alumna e cada alumno do curso elaborará, na aula virtual da materia, unha presentación multimedia para exposición pública sobre a programación e o posible tratamento globalizado de aula dunha aprendizaxe de coñecemento científico polo alumnado de educación infantil. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Cada alumna e cada alumno confeccionará un cartafol, na sección particular específica da aula virtual da materia - curso en FAITIC, que consistirá nun diario persoal de seguimento das sesións lectivas, coas notas de aula, ampliacións, achegas, reflexións propias e coa avaliación e autoavaliación das sesións correspondentes.
    A realización completa e a entrega deste cartafol será condición necesaria e imprescindible para acollerse á opción de modalidade presencial de avaliación continua.
  • Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en FAITIC, en formatos de código aberto ou de visores libres.
  • Na bibliografía inclúese a referencia completa do libro titulado Ciencia para educadores. O
    uso deste libro é obrigatorio para poder realizar unha parte importante
    das actividades e traballos que serán obxecto de avaliación.
  • Para
    poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula
    virtual é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun
    aproveitamento axeitado.
  • Para obter unha avaliación positiva é
    preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados
    establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento
    correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición
    imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan axeitadas.
  • A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000