Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Matemáticas para mestres: Educación infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Os criterios de avaliación serán:
- Asistencia ás clases. O seu control será mediante sinatura.
- Intervención na aula, corrección nas resolucións que se presenten e claridade na exposición.
- Presentación do caderno de traballo e posterior corrección segundo as indicacións do profesor.
30
Outras Exame final da materia, tanto da parte teórica como dos exercicios e problemas.
Cada unha das cuestións propostas terá diferente peso segundo o seu grao de dificultade e amplitude. Os estudantes saberán antes de realizar a proba a cualificación máxima de cada unha delas.
Será valorada:
A corrección nos razoamentos, cálculo e interpretación de resultados.
A capacidade de expresión en matematáticas e en xeral na lingua.
A capacidade para a representación e comprensión de figuras.
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que non se integren nos grupos de traballo das clases prácticas ou non cumpran os requisitos establecidos como criterios de avaliación terán como única opción o exame final (70%), sendo a cualificación obtida a súa cualificación final da materia.


* O caderno de traballo será presentado ao profesor para a súa revisión. Os estudantes deberán engadir, completar ou corrixir aquelas cuestións que o profesor indique.  


 SEGUNDA CONVOCATORIA

Os estudantes que non superen a materia deberán pasar un novo exame final (70%). A cualificación que durante o curso obtiveran na parte práctica (30%) será engadida á nova cualificación.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000