Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Aprendizaxe da Lingua Estranxeira: Francés
   Assessment
  Description Qualification
Projects O alumnado presentará, en formato papel ou electrónico, un proxecto didáctico resultante das diferentes tarefas que se deberán realizar ao longo do cuadrimestre. Os criterios de avaliación e o baremo serán negociados co alumnado no inicio do curso e farán parte dunha grella de avaliación. A data de entrega deste proxecto final será a da data oficial fixada polo centro. 60
Presentations / exhibitions Na última semana do cuadrimestre, o alumnado deberá presentar oralmente na clase o seu proxecto final, froito das tarefas parciais encargadas polo profesor. Nesta exposición cada estudante deberá presentar o seu proxecto e achegar a argumentación didáctica que o sustenta. As exposicións de cada estudante serán avaliadas nunha grella de avaliación cuxos criterios e baremo serán negociados na aula ao inicio do cuadrimestre. 20
Proceedings O alumnado participará presencialmente en debates sobre os temas que se irán tratando nas aulas maxistrais e nas de preparación das tarefas mensuais. As intervencións de cada estudante nestes debates serán avaliadas nunha grella de avaliación cuxos criterios e baremo serán negociados na aula ao inicio do cuadrimestre. Na avaliación dos debates terase en conta a asistencia ás aulas de cada estudante. 20
 
Other comments on the Evaluation
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000