Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe da Lingua Estranxeira: Francés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse con toda a clase, nas horas de grupo A. Nelas o profesor sinalará os conceptos esenciais dos diferentes puntos dos contidos da materia. Tamén trasladará ao alumnado unha serie de preguntas que se deberán responder nas horas de debate ou no grupo que se creará para a materia na Rede Social da Uvigo. O profesor tamén indicará bibliografía e sitografía útil para o alumnado procurar información e respostas.
Proxectos Ao longo do curso, o profesor proporá seis tarefas parciais que integrarán o proxecto final que deberá presentar cada alumno, tanto oralmente como por escrito. As datas de realización das tarefas serán establecidas nas sesións de debate, pero non se aconsella que se superen as dúas semanas para a súa realización. Preferentemente, nas horas de tipo B, o profesor guiará o alumnado para a execución destas tarefas.
Presentacións/exposicións Desenvolveranse no final no cuadrimestre nun horario negociado coa clase. Nestas sesións cada alumno deberá expor oralmente na aula o seu proxecto didáctico final no tempo establecido previamente polo profesor e a clase.
Debates Desenvolveranse preferentemente nas horas de tipo C. O alumnado deberá achegar respostas e ideas sobre as preguntas que se formulen nas sesións maxistrais. As horas de debate tamén se usarán para negociar datas, horarios, criterios e metodoloxía do sistema de avaliación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000