Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe da lingua estranxeira: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos O alumnado presentará, en formato papel, un proxecto didáctico
resultante das diferentes tarefas que se deberán realizar ao longo do cuadrimestre.
Os criterios de avaliación e o baremo serán negociados co alumnado no inicio docurso e farán parte dunha grella de avaliación. A data de entrega deste proxectofinal será a da data oficial fixada polo centro.
0
Debates O alumnado participará presencialmente en debates sobre os temas que se irán tratando nas aulas maxistrais e nas de preparación das tarefas mensuais. As intervencións de cada estudante nestes debates serán avaliadas nunha grella de avaliación dos que os criterios e baremo serán negociados na aula ao inicio do cuadrimestre. Na avaliación dos debates terase en conta a asistencia de cada estudante. 0
Presentacións/exposicións Na última semana do cuadrimestre, o alumnado
deberá presentar oralmente na clase o seu proxecto final, froito das tarefas parciais encargadas polo profesor. Nesta exposición cada estudante deberá presentar o seu proxecto e achegar a argumentación didáctica que o sustenta. As exposicións de cada
estudante serán avaliadas nunha grella de avaliación cuxos criterios e
baremo serán negociados na aula ao inicio do cuadrimestre.
0
Outras No que se refire ás actividades organizadas para mellorar a adquisición de lingua inglesa, serán obxeto dun exame escrito e outro oral que se terán establecido nas sesión iniciais do cuadrimestre. O exame oral baseáse nunhas dicusións por parellas sobre alguna película do fondo cinematográfico da Uvigo. 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que non viñer ás aulas ou que non presente un mínimo de tarefas parciais ao longo do cuadrimestre deberá pasar un exame escritoe outro oral sobre o 100% dos contidos da materia. Este mínimo será negociado coa clase no inicio do cuadrimestre. Tamén deberá pasar este exame o alumnado que se presentar en segunda ou posteriores convocatorias.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000