Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe da lingua estranxeira: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse con toda a clase, nas horas de grupo A. Nas sesión maxistrais iniciais o profesor sinalará os conceptos esenciais dos diferentes puntos dos contidos da materia. E planificará xunto co alumnado una serie de exposicións por parte do alumnado de conceptos teóricos relevantes. O profesor tamén indicará
bibliografía e sitografía útil para o alumnado procurar información e respostas.
Proxectos Ao longo do curso, o profesor proporá a recopilación de materias necesarios para la creación de unidades didácticas basadas na comprensión e a expresión orais para un alumnado do nivel infantil. Por outra banda, entre alumnado e profesorado se elaborará un conxunto de actividades teóricas e prácticas que reforcen a propia aprendizaxe do alumnado das 4 habilidades(expresión e comprensión oral e escrita). As datas de realización das tarefas serán establecidas nas sesións maxistrais.
Preferentemente, nas horas de tipo B, o profesor guiará o alumnado para a execución destas tarefas.
Debates Desenvolveranse preferentemente nas horas de tipo C. O alumnado deberá achegar respostas e ideas sobre as preguntas que se formulen nas sesións maxistrais.
Presentacións/exposicións Desenvolveranse no final no cuadrimestre nun horario negociado coa clase. Nestas sesións cada alumno ou grupo de alumnos deberá expor oralmente na aula o seu proxecto didáctico final no tempo establecido previamente polo profesor e a clase.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000