Nesta materia consolidaranse os niveis A1 e A2 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. Aínda que se traballarán as competencias destes niveis iniciais, non se partirá dun coñecemento cero da lingua francesa. Recoméndase que o alumnado matriculado teña estudado, ao menos, dous anos de lingua francesa en ESO e/ou Bacharelato.
Aconséllase que, tras cursar esta materia, o alumnado continúe adquirindo máis competencias en lingua francesa na Escola Oficial de Idiomas. |