Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grado en Educación Infantil
 Asignaturas
  Aprendizaje de las ciencias de la naturaleza
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2011_12
Asignatura Aprendizaje de las ciencias de la naturaleza Código P02G110V01403
Titulacion
Grado en Educación Infantil
Descriptores Cr.totales Seleccione Curso Cuatrimestre
6 OB 2 2c
Lengua Impartición
Gallego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas especiales
Coordinador/a
Alvarez Lires, Maria Mercedes
Correo-e lires@uvigo.es
Profesorado
Alvarez Lires, Maria Mercedes
Web http://lires@uvigo.es
Descripción general (*)A Lei Orgánica de Educación (L.O.E) establece un área de coñecemento denominada Coñecemento do contorno e interacción co mundo, na Educación Infantil, e presenta o currículo correspondente cun enfoque globalizado de cara a un primeiro achegamento do alumnado ao desenvolvemento das competencias básicas.

Sen embargo, o necesario afondamento en niveis de formación superiores fai que, por exemplo, no nivel universitario, a materia Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural sexa obxecto de investigación e docencia por parte de profesorado especialista.

A práctica docente universitaria e as liñas de investigación didáctica, neste campo, deben contemplar metodoloxías e construcións conceptuais, procedementais e actitudinais, sempre en interacción, relativas a problemas globais de actualidade tales como os referidos ao medio ambiente e ao desenvolvemento sostible e co horizonte do desenvolvemento das competencias básicas. Deste modo, partindo das metodoloxías propias da didáctica das ciencias, pódense utilizar os enfoques C-T-S, os da construción do coñecemento arredor de problemas globais, os de alfabetización científica e técnica da cidadanía, ou os da Educación en Ciencia Global, que deben incluír a introdución da transversalidade, prestando especial atención á igualdade entre homes e mulleres, dentro dun modelo integrador .
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000