Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Organización do centro escolar
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Esta sesión servirá para presentarlles a materia aos estudantes: competencias, contidos, planificación, metodoloxía, atención personalizada, avaliación e bibliografía.
Estudo de casos/análises de situacións Análise intensiva e completa dun feito, problema ou suceso real, coa finalidade de coñecelos, interpretalos, resolvelos, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, facer un diagnóstico dos mesmos e, en ocasións, entrenarse nos posibles procedementos alternativos de solución.
Proxectos Mediante esta metodoloxía, os estudantes levarán a cabo a realización dun proxecto nun tipo determinado, para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, deseño e realización dunha serie de actividades. Todo isto a partir do desenvolvemento e aplicación das aprendizaxes adquiridas e do emprego efectivo de recursos.
Titoría en grupo A través das titorías, o profesor facilitará e orientará aos estudantes no seu proceso formativo, podendo ser obxecto de atención calquera das facetas ou dimensións que inciden no mesmo (aspectos académicos, actitudinais, persoais, sociais...).
Sesión maxistral Presentación estructurada dos temas, coa finalidade de facilitar información organizada, seguindo os criterios adecuados á finalidade dos mesmos. Guión facilitador e a correspondente exposición verbal, por parte do profesor, dos contidos da Organizacción Escolar.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000