Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Esta metodoloxía está pensada para poñer en práctica os coñecementos adquiridos e activar as capacidades que permiten acadar competencias de aplicación á realidade.
O traballo será guiado, avaliado en proceso, e avaliado ao final.
A base será a participación nas sesións de introdución e seguemento e a memoria onde se recolle o realizado.
Ningún traballo se poderá dar por finalizado ata que non acade a cualificación de aprobado.
Na cualificación total representa un valor do 20, con independecia do valor da presentación pública do mesmo.
Presentacións/exposicións Neste apartado teráse en conta a presentación pública dos traballos tutelados e a presentación e debate ou posta en común en aula dos exercizos e dos seminarios. O valor da exposición dos traballos e das exposicións orais en aula e seminarios representa o 20 do total final. O reparto é a partes iguais entre os tres tipos de presentacións.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Esta metodoloxía está pensada para aquelas persoas que desexen afondar un pouco máis nos temas. No material preparado pola docente fanse suxestións que orientan ao alumnado para este fin, pudendo tamén o propio alumnado afondar en aspectos que non estean suxeridos pola docente.
Este traballo pasará a formar parte do cartafol que debrá realizar cada alumna/o.
Este apartado terá un valor do 0,66% do total do cartafol.
Seminarios Haberá dous seminarios en horas C, ao longo do cuadrimestre.
Para o seu desenvolvemento será preciso que o alumnado se documente previamente. Na sesión de seminario cada quen intervirá presentando as conclusións ás que chegara, de modo que se comparta información e se poida debater no grupo.
O traballo de participación realizado nas dúas sesións suporá un 0.66 da cualificción total (incluída no conxunto das preesentacións), e o 0,66% da puntuación que se poida acadar no cartafol, que será valorado cando sexa revisado na titoría.
Probas de resposta curta Durante o desenvolvemento do curso realizaranse 9 probas de resposta curta sen apoio de apuntamentos nin material. Cada proba correspóndese con cadanseu tema. A primeira realizarase ao rematar o primeiro e así sucesivamente. Para asúa preparación basta con estudar e comprender a documentación básica de estudo e resolver os exercicios de autoavaliación propostos ao final de cada tema. Estas probas terán unha duración de 10-15 minutos cada unha. A superación do 80 das mesmas cun resultado satisfactorio (5 sobre 10) suporá o 50 do resultado das probas teóricas. No conxunto supón un 20 do total da puntuación da materia.
Cartafol/dossier O dosier será un caderno no que se irá plasmando todo o traballado no curso agás o traballo tutelado.
Irase revisando na titoría ao longo do cuadrimestre.
O valor do cartafol é do 20 da cualificación final. Comporán esa cualificación tres elementos:
- o recompilado para os seminarios
- o recompilado como traballo voluntario
- o recompilado como exercizos de autoavaliación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento A proba de desenvolvemento longa terá lugar na data da proba final oficial. Trarase dunha pregunta de desenvolvemeto e un comentario de texto con datos. Disporase de dúas horas para asúa realización e poderanse consultar materiais como o cartafol ou outras lecturas de consulta. O valor desta proba é do 20 do total.
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000