Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Titoría en grupo • Descrición: este é un tempo reservado para atender e resolver dúbidas do alumnado.
Durante este curso cada alumna/o deberá dedicar 3 horas a esta actividade.

• Obxectivos:
o Atención, seguimento e orientación personalizada do alumnado.
o Intercambiar información, opinións e coñecementos.
o Favorecer o feedback entre docente e alumnado sobre os traballos da materia.
o Seguimento da comprensión de conceptos e contidos e resolución de dúbidas.
o Asesoramento na procura de información.

• Modalidade: guiada.

• Natureza: teórica e práctica.

• Escenario: despacho 113, aula C ou B.

• Grupos: reducido (entre 4 e 9).

• Tarefas do alumnado: preparar as dúbidas, etc.
Traballos tutelados • Descrición: actividades que realiza o alumnado. Algúns exemplos poden ser:
-Recensións sobre artigos científicos de actualidade.
-Traballos monográficos.
-Procura de información en publicacións, bases de datos, artigos, libros… sobre un tema en concreto.
-Proxectos: deseño e desenvolvemento dun traballo de investigación que inclúa parte ou todas as actividades precedentes.

Quen se encargue da docencia acoutará e aceptará os temas de estudo propostos polo alumnado. Realizará o seguimento do traballo e avaliará o proceso e o resultado final.

• O obxectivo é adquirir e consolidar coñecementos e formar parte fundamental do traballo que se avalia.

• Modalidade: autónoma.
• Natureza: práctica.
• Escenario: non hai prescrición.

Realizarase en grupo reducido (3-4 compoñentes)

O alumnado realizará o traballo a partir do guión proporcionado pola/o docente, dispoñendo das sesións de prácticas (horas B) e das sesións de titoría para facilitar o seguimento do seu traballo.
Presentacións/exposicións • Descrición: todos os traballos tutelados nas sesións prácticas deben ser presentados en público a todo o grupo en sesións habilitadas a tal efecto ao final do cuadrimestre, nas dúas semanas lectivas do mes de xaneiro.

Tamén se poden expoñer, pero non é obrigatorio, outros traballos que se vaian realizando de forma voluntaria polo alumnado.

Estas exposicións consistirán en presentar un tema concreto ou un traballo (previa presentación escrita).

Trátase dunha metodoloxía que traballa unha competencia nuclear e transversal cuxo obxectivo é aprender a comunicar.

Dos traballos farase exposición en grupo -os que se realicen en grupo- ou individualmente os que se fagan de forma voluntaria.

As presentacións serán avaliadas pola docente en función dos criterios previamente establecidos.

• Modalidade: guiada.
• Natureza: práctica.
• Escenario: aula ordinaria que conta co recursos tecnolóxicos (canón de proxección, transparencias, conexión a Internet, vídeo ou DVD…).
• Grupo: grande, mediano ou reducido
• Tarefas do alumnado:
o Expoñer o traballo diante dos membros compoñentes do curso.
o Defender publicamente o seu traballo, é dicir, debe responder ás preguntas e críticas de colegas e docentes.
o Poderá explicar, a modo de conclusión, os problemas que se tiveran durante la elaboración do traballo.
Foros de discusión • Descrición: esta é unha actividade, que se realiza a través das TIC, na que se debate e intercambia opinión e información de interese para o desenvolvemento teórico e práctico da materia, especialmete temas de actualidade ou de relevancia.
• Obxectivos:
o Traballar e consolidar coñecementos.
o Cuestionar(se) as opinións persoais.
o Desenvolver habilidades comunicativas.
• Modalidade: autónoma.
• Natureza: práctica.
• Escenario: onde haxa conexión.
• Grupos: grande, mediano ou reducido.

• Seleccionarase un tema de debate entre docente e alumnado para desenvolver a través da platafroma TIC, de ser preciso, quen teña a cargo esa docencia dinamizará ou moderará o foro.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma • Descrición: formulación, análise, resolución autónoma individual, realización para cada sesión en grupo A e, de proceder, debate en gran grupo, dun exercicio relacionado directamente cos temas da materia.

• Obxectivo
o Reflexionar e relacionar teoría e práctica
o Introducir novos conceptos e integralos cos xa coñecidos
o Consolidar coñecementos

A docente proporá nos materiais de consulta e estudo -ao final de cada tema- unha batería de exercicios de autoavaliación cuxa resolución integrará o contido do cartafol xunto con outros traballos voluntarios. A docente revisará este material que formará parte da avaliación final.

• Modalidade: autónoma.
• Natureza: práctica.
• Escenario: non prescrito para a preparación, aula A para a resolución e recollida.

• Tarefas do alumnado
o Resolver o problema ou exercicio proposto pola docente a partir do guión facilitado. En cada sesión A farase a resolución dun exercicio que se recollerá pola docente de forma que se teña como evidencia para a avaliación contínua e final.
o Aínda que as actividades se realizaren de forma autónoma, o alumnado disporá en todo momento de sesións de titoría para que quen teña acargo a docencia concreta (teórica ou práctica) poida facer un seguimento da actividade.

Prácticas autónomas a través de TIC • Descrición: desenvolver con axuda das TIC prácticas de búsqueda de información, manexo de ferramentas básicas para deseñar táboas e gráficas, tratamento de datos e búsqueda de fontes estatisticas.

Desenvolveranse 2 sesións ao inicio do curso en horas B, as dúas primeiras semanas, e outras 2, tamén en horas B cando o desenvolvemento dos traballos o requira, é dicir. no momento en que se trate de buscar, procesar e presentar a información para os traballos. Aproximadamente terán lugar na 2ª, 3ª, e 4ª semana de novembro.

• Obxectivos:
o Facilitar a correlación entre a teoría e a práctica.
o Consolidar coñecementos.
o Utilizar programas ou recursos informáticos.
• Modalidade: guiada.
• Natureza: práctica.
• Escenario: aula de informática ou aula B e en grupo mediano.

• Quen estea a cargo da docencia deberá elaborar e proporcionar un guión para orientar a realización do traballo e da actividade, deberá facer o seguimento da evolución da actividade, e a observación do alumnado.

• Tarefas do alumnado: realizar a actividade proposta en tempo e forma.
Seminarios • Descrición: trátase dun traballo que pretende profundar ou ampliar algo máis nun tema (monográfico) relacionado directamente coa materia.
Terán lugar dous seminarios en pequeno grupo en 4 sesións de horas C durante varias sesións co fin de dar tempo a preparar lecturas e textos e analizar elementos diversos como curtametraxes, publicidade, audiovisuais, imaxes etc.
• Obxectivo: intercambiar e consolidar coñecementos teórico-prácticos e fomentar a interactividade entre o alumnado e deste coa docente.
• Modalidade: guiada.
• Natureza: práctica.
• Escenario: aula ordinaria con recursos TIC.
• Grupos: mediano ou reducido.
• Tarefas do alumnado: procura, lectura, traballo de documentación e achega da documentación aos demais participantes.Participación activa en debate de aula.
Actividades introdutorias • Descrición:
Esta actividade realizarase na primeira sesión en gran grupo -A- e terá unha duración de 2 horas.
Está encamiñada a tomar contacto entre todo o grupo e a recoller información do alumnado respecto de coñecementos previos na materia, intereses e motivacións.

Proxectarase unha curtametraxe que o alumnado terá que analizar e a docente abordará preguntanado sobre ideas e conceptos suscitados para coñecer o grao de afinidade e a posible comprensión dos temas relacionados coa materia.

Asemade presentarase un exercizo práctico no que o alumnado terá que responder oralmete a unhas preguntas.

Na última media hora farase a presentación da materia: obxectivos, contidos de traballo, metodoloxía, criterios e formas de av aliación, etc.

• Obxectivo: poñer en común os obxectivos, contidos, metodoloxía, criterios de avaliación...)
• Modalidade: guiada.
• Natureza: teórico-práctica.
• Escenario: aula ordinaria.
• Grupo: grande.
• Tarefas do alumnado: participar da actividade facilitando información, escoitar, entender e debater que se esixirá durante o desenvolvemento da materia.
Estudos/actividades previos • Descrición: sempre antes de cada sesión presencial maxistral (horas A) ou do desenvolvemento de traballo práctico (horas B) o alumnado realizará as actividades previstas como previas.

O alumnado deberá procurar, ler e traballar a documentación ou o material proposto e facilitado pola/o docente.
o Pode ser para unha actividade teórica ou práctica (a busca de información ou solución a unha cuestión suscitada e que haxa de ser resolta na práctica de aula).
• Obxectivo: aprender e asistir ás aulas cun mínimo de coñecementos da materia que permita avanzar a bo ritmo e compartir coñecementos co grupo para facilitar o debate en sesión maxistral, seminario ou práctica.

Quen se encargue da docencia porá a disposición do alumnado o material de lectura ou a indicación do mesmo que o alumnado deberá (ou poderá) consultar.

• Modalidade: autónoma.
• Natureza: práctica.
• Escenario: non prescrito.
• Realizarase en grupo reducido ou de forma individual.

• Tarefas do alumnado:
o Procurar documentación (bibliográfica, bases de datos, etc.)
o Ler a documentación facilitada pola/o docente ou obtida polos seus propios medios.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia:
Relacionar coa sesión anterior.
Resaltar as ideas principais.
Explicacións ordenadas e estruturadas.

Exemplos (de actualidade, reais, etc.)
Relacionar os novos conceptos. Asegurar a comprensión dos contidos. Pode incluír a exposición teórica dun concepto ou o debate e resolución de cuestións.

• Obxectivo: Comunicar e compartir coñecementos.
• Modalidade: Guiada. A presenza da docente é necesaria.
• Natureza: fundamentalmente teórica.
• Escenario: aula ordinaria A (na que se desenvolven habitualmente as aulas).

Recursos tecnolóxicos (proxector, conexión a Internet, vídeo ou dvd…).

• Grupos: grande.

• Tarefas do alumnado: participar na sesión (lectura previa, toma de notas, participación activa na sesión, contestar preguntas…)
Resolución de problemas e/ou exercicios • Descrición: formulación e análise, resolución e debate de exercicios relacionados coa temática da materia.
A docente propón, ao final de cada tema, por escrito e de forma organizada unha batería de exercicios e actividades.
O propio material de consulta e lectura a disposición do alumnado conforma a guía de orientación e análise, centra os puntos de interese, de ampliación ou de complexidade para a posterior discusión e posta en común na aula.
A docente preguntará en todas as sesións de gran grupo e a segur das sesións maxistrais pola súa realización e resolveranse na aula aqueles exercizos que que o alumnado requira.

• Obxectivo: Reflexionar e relacionar teoría e práctica e proporcionar feedback ao alumnado sobre o proceso de aprendizaxe. Realmente é unha peza metodolóxica integrada, que permite aprender, consolidar, ampliar, autoavaliar e avaliar, e comunicar na aula.
• Modalidade: guiada.
• Natureza: práctica.
• Escenario: aula ordinaria con recursos tecnolóxicos.
• Grupos: grande, mediano e reducido. Individual e posta en común.
• Tarefas do alumnado: o alumnado deberá resolver, de forma autónoma e posterior á sesión de presentación de cada tema, os exercizos e preguntas propostos ao final de cada tema a partir do material de estudo facilitado pola docente. Posteriormente terá lugar a resolución presencial dun deles correspondente con cada tema en aula A para ser recollido pola docente para a avaliación. Asemade farase a posta en común de dúbidas e preguntas en relación a calquera deles.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000