O alumnado deberá acadar as seguintes competencias procedimentais:
Adquirir destrezas metodolóxicas (B1, B2, B3, B5, B6, B7, B8, B9, B12, B15,B16, B17 e B21)
- Aprender a seleccionar e xerarquizar a información
- Planificar o traballo, acadar metas concretas, establecer obxectivos e medios
- Avaliar custos e posibles limitacións do traballo de investigación empírica,
- Análizar resultados e proceso de investigación
- Sistematizar e presentar oralmente e por escrito os contidos previstos.
Adquirir destrezas tecnolóxicas: B5, B6, B7, B15, B16, B17 e B21
- Coñecer as ferramentas básicas de informática e audiovisual (procesador de texto, power point, folla de cálculo, acceso a internet, programas multimedia e gravación de voz ou vídeo)
- Traballar con fontes e bases de datos estatísticos
- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación.
- Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
Adquirir destrezas lingüísticas: B3
- Comprensión de textos complexos
- Expresión escrita, comunicación oral en público
- Capacidade de captar a atención do receptor
- Resumir e poñer xunta información complexa ou de fontes diferentes.
Know How
B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B12 B15 B16 B17 B21
O alumnado ha de ser quen de acadar as seguintes competencias cognitivas:
Coñecer as bases e os conceptos fundamentais da ciencia sociolóxica, así como o máis básico da súa metodoloxía (A8, A9, A11, A12, B1, B13, B15).
Comprender e diferenciar os principais paradigmas en Socioloxía; manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas, nomeadamente as que teñen por obxectivo educar e aquelas que contribúen dun xeito implícito á socialización (A12, B1, B13, B15).
Coñecer e traballar co concepto de socialización e os procesos e axentes que implica, nomeadamente a socialización escolar a súa relación co sistema social a cos roles principais (A8, A12, B1, B13, B15).
Coñecer e comprender a relación entre o sistema educativo e o sistema social: económico, político, cultural, estratificación (A4, A8, A12, B1, B13, B15).
Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e comprender e diferenciar as funcións e as relacións entre a familia e o sistema educativo (A8, A12, B1, B13, B15).
Comprender as posibilidades e os límites da reforma e da innovación educativa (A8, A12, B1, B13, B15).
Coñecer o papel e funcións que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais; coñecer a construción social, o papel e as relacións dos principais protagonistas dos procesos educativos: infancia e mocidade, docentes e familias (A8, A12, B1, B13, B15).
Analizar as consecuencias dos sistemas de estratificación e da desigualdade sobre o sistema escolar e o alumnado (A8, A12, B1, B13, B15).
Comprender as relacións sociais que subxacen os procesos de inculcación, selección e omisión curriculares (A8, A12, B1, B13, B15).
Comprender as relacións que se establecen na aula e nos centros como microsociedade.
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente (A8, A11, A12, B1, B13, B15).
know
A4 A7 A8 A9 A11 A12
B1 B13 B15
O alumnado deberá adquirir as seguintes competencias relacionadas co saber ser e estar (A19, A12, B7, B8, B9, B11, B12, B13, B14, B16, B18, B20).
Competencias para tarefas colaboradoras, de relación interpersoal, de adaptación e de compromiso:
- Capacidade de escoitar aos demais e captar o sentido do que expresan
- Capacidade de facerse entender e convencer aos demais das súas propostas
- Adaptación a calendarios de traballo e para realizar as tarefas
- Adaptar e flexibilizar os resultados dos seu traballo ao obxectivo común
- Compromiso co traballo, finalización das tarefas ou obxectivos marcados
- Redefinición dos obxectivos ou medios se estes non se axustan aos fins marcados
- Axuste a horarios e pautas externas de traballo
- Asumir a responsabilidade propia, determinar as demandas feitas por outros e non confundir cos intereses persoais
Know be
A10 A12
B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 B20
(*)
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000