Presentacións/exposicións |
Avaliación da elaboración e exposición dun traballo en grupos, que terá que ser exposto na horas prácticas nas que o grupo está dividido. |
20 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Avaliación das competencias que inclúen preguntas teóricas ou prácticas sobre os contidos tratados na materia. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentalos coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. |
40 |
A avaliación será continua. Para poder seguir esta avaliación terá que asistirse ó 80% mínimo das horas. A asistencia é un requisito para seguir a avaliación continua, pero non será puntuada na nota global.
A avaliación consistirá na realización dos traballos estipulados polo profesor (presentacións e exposicións de traballos, resolución de problemas ou exercicios, resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma) e da proba de resposta longa, de desnvolvemento. As prácticas ou exercicios propostos terán que ser entregados na data establecida. Fóra dese prazo non serán admitidos, e o alumno ou alumna perderá a avaliación continua, non poderá realizar a proba de resposta longa e terá que realizar o exame na convocatoria de xullo.
A condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das aulas. Se algún alumno ou alumna non pode asistir ó 80 % das clases por razóns laborais ou persoais, deberá comunicalo ó profesor nos primeiros 15 días de clase.
2ª Edición de actas
O alumnado que non cumpra os requisitos da avaliación continua, poderá realizar un único examen na convocatoria de xullo, na data estipulada oficialmente. Este exame terá unha parte teórica e outra práctica que consistirá nunha serie de probas. |