Didáctica de los procesos de enseñanza-aprendizaje en la actividad física y el deporte I
Código
P02G050V01501
Titulacion
Grado en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte
Descriptores
Cr.totales
Seleccione
Curso
Cuatrimestre
6
OB
3
1c
Lengua Impartición
Castellano
Gallego
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas especiales
Coordinador/a
Alonso Fernández, Diego
Rey Cao, Ana Isabel
Correo-e
anacao@uvigo.es diego_alonso@uvigo.es
Profesorado
Alonso Fernández, Diego
Rey Cao, Ana Isabel
Web
Descripción general
(*)A didáctica é o ramo das Ciencias da Educación que ten por obxecto a optimización do proceso ensino-aprendizaxe (E-A) en prol do perfeccionamiento do Ser Humano.
O obxectivo fundamental desta materia é facilitar ao alumnado os coñecementos básicos para desenvolver con rigor didáctico un proceso de ensino-aprendizaxe a través da motricidade.
A Didáctica é un contido transversal indispensable para a práctica profesional dos graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, xa que está presente en todo proceso de E-A, con independencia do ámbito onde se desenvolva: rendemento deportivo, ocio, educación ou saúde.
Nesta aproximación inicial (no segundo cuadrimestre do mesmo curso impártese Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte II) abórdanse os principais elementos do sistema que constitúe unha programación educativa. A materia aporta as ferramentas cos que posteriormente poder adaptarse ao plano da obra de calquer proceso de ensino-aprendizaxe en contextos non formais (docencia en actividades extraescolares, escolas deportivas, asociacións, centros socioculturais, academias, etc.) e formais (educación física escolar).
A materia céntrase na dimensión máis instructiva dos procesos de E-A. Céntrase no deseño e orquestación das tarefas de E-A, para optimización da presentación dos contidos en coherencia coas competencias, obxectivos, contidos e os métodos de control da disciplina, espacio e comunicación.