Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Traballo individual e grupal de resolución de tarefas nas que a profesora presenta e exemplifica a tarefa e o alumno/a resolve a tarefa e plantexa dubidas:

- Formulación de contidos psicopedagóxica. En base a unha serie de criterios explicitados pola profesora –obxectivos, contidos abstractos ou epistemolóxicos, colectivo, método, etc.– formular correctamente os contidos psicopedagóxicos para o suposto plantexado. A actividade será entregada a profesora para a súa corrección. A actividade será entregada á profesora e a corrección realizarase na aula ou titoría, segundo a temporalización. Forma parte da avaliación continua.

- Formulación de obxectivos operativos e ou experimentais. En base a un suposto práctico no cal se especifica un contexto, colectivo, contidos da intervención e duración da mesma –por exemplo: nenos e nenas de 8 anos nunha actividade extraescolar de multideporte os alumnos/as” para unha unidade de 3 semanas vencellada o contido “Práctica de xogos modificados”; “desenvolvemento da visión de xogo”- formulas os obxectivos experimentais e/ou operativos. A actividade será entregada á profesora e a corrección realizarase na aula ou titoría, segundo a temporalización. Forma parte da avaliación continua.

- Deseño de tarefas adecuadas á competencias.

- Explicitación de tarefas. En base a unha serie de criterios explicitados pola profesora –obxectivos, contidos, colectivo, método, etc.– explicitar con corrección tarefas didácticas. A actividade será entregada a profesora e a corrección realizarase na aula ou titoría, segundo a temporalización. Forma parte da avaliación continua.

- Elaboración dunha progresión de tarefas para a aprendizaxe dunha habilidade motriz. En base a unha serie de criterios explicitados pola profesora –obxectivos, contidos, características alumnos/as, método, etc.– explicitar con corrección as tarefas didácticas axeitadas para a aprendizaxe da habilidade especificada. Utilizaranse como criterios para realiza-la progresión os canais perceptivo, decisional ou execucional. A actividade será entregada á profesora e a corrección realizarase na aula ou titoría, segundo a temporalización. Forma parte da avaliación continua.
Sesión maxistral Clases Maxistrais nas que se explican os fundamentos teóricos. O alumno/a a asimila e toma apuntes. Plantexa dubidas e cuestións complementarias.
Traballos tutelados - Deseño e desenvolvemento dunha intervención didáctica a través da actividade física e o deporte. Cada grupo de duas persoas (ou tres se así o indica a profesora) desenvolverá unha sesión según as características básicas determinadas na opción que lle corresponda por indicación da profesora. En cada unha delas abórdase específicamente un elemento didáctico dos contidos da asignatura. Tomando como base ese elemento didáctico o grupo deberá deseña-lo resto de elementos didácticos para constitui-la súa sesión. Esta sesión deberá ser impartida aos seus compañeiros nas aulas prácticas. É obrigación do alumno/a manterse informado das posibles modificacións no calendario de prácticas que se actualizará no taboleiro e/ou comunicación na clase. É obrigatorio realizar dúas titorías antes da realización da sesión. Unha delas será na hora de clase.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma - Elaboración dunha matriz abstracta de contidos. En base a un suposto práctico no cal se especifica un contexto, colectivo, obxectivos e duración –por exemplo: persoas maiores dun centro social municipal nunha actividade denominada “saude polo movimento” que ten por obxectivos “colaborar o mantemento da autonomía das AVD” e “Fomentar o contacto interpersoal entre os alumnos/as” cunha duración de tres meses 3 horas por seman. Desenvolver a matriz abstracta de contidos que desenvolverían para ese caso. A actividade será entregada á profesora e a corrección realizarase na aula ou titoría, segundo a temporalización. Forma parte da avaliación continua.
Prácticas de laboratorio Nas aulas de laboratorio se experimentarán as tarefas motrices propostas e a realización dunha intervención docente. Intervención práctica polo método de proxectos. Mando directo, asignación de tarefas, microensinanza, resolución de problemas, descubrimiento guiado e grupais participativas (para as reflexións-análise do final da sesión).
Actividades introdutorias - Explicación do funcionamiento da asignatura: Faitic, titorías, avaliación, etc.
- Avaliación informal de coñecementos previos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000