Guia docente 2011_12
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Subjects
  Transmisión, mediación e educación artística
   Assessment
  Description Qualification
Integrated methodologies
Observarase e valorarase a actitude de colaboración e participación, a organización entre os alumnos e a empregada nos traballos presentados. Isto conforma unha parte fundamental no proceso de aprendizaxe.
Teranse en conta as competencias adquiridas a través do desenvolvemento dos tres proxectos e da realización dos tres prototipos cos seus programas e informes de avaliación.
O resultado do traballo autónomo e do traballo na aula quedará reflectido nos dossiers.
10
Workshops Observarase a diversidade de solucións e a riqueza na resolución de problemas. Tomaranse notas do proceso.
Todo iso terá que estar reflectido nos dossiers.
25%
Outdoor study / field practices Valorarase o informe emitido, froito da experiencia práctica e do debate.
Todo iso terá que estar reflectido nos dossiers.
10%
Portfolio / dossier Na primeira convocatoria, o martes 14 de xuño de 2012 de11,00h. a 13,00h. no despacho da coordinadora, presentaranse tres dossiers como documento do tres proxectos desenvolvidos ao longo do cuadrimestre.
Nestes tres documentos, poderemos valorar os traballos realizados polos alumnos nas distintas actividades programadas: estudo e análise das situacións, toma de decisións, obradoiros, proposta de traballo, programa de avaliación e informe de efectividade do prototipo deseñado.
Valorase a estrutura, a secuencia e os recursos que se utilicen para reflectir mellor o proceso creativo.
As ilustracións, a maquetación e a presentación de cada dossier teñen que ser coherentes co contido, xa que son parte da comunicación de ideas.
50
Short answer tests Ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, o profesor formula cuestións oportunas coa intención de valorar que é o que sabe e que é o que debe saber o alumno.
Non só teremos información sobre os coñecementos significativos do alumno, senón que empregaremos esta información como recurso para que o alumno sintetice as súas ideas.
Estas conclusións tamén se verán reflectidas no dossier.
5%
 
Other comments on the Evaluation
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000