Valorarase:
-Comprensión, asimilación e aplicación dos contidos da materia.
-Complexidade e profundidade da análise.
-Orixinalidade do enfoque e achegas persoais á análise.
-Claridade da análise e da redacción.
-Calidade da redacción.
-Cumprimento na data de entrega.
20
Debates
Valorarase a participación nos debates, as achegas e enfoques persoais, as capacidades analítica, crítica e argumentativa.
5
Traballos de aula
Valorarase a asimilación e aplicación dos contidos impartidos no aula, as fontes consultadas e a actitude investigadora, o interés do traballo e a súa adecuación á proposta, a orixinalidade do enfoque, a implicación no exercicio e o cumprimento na data de entrega.
55
Presentacións/exposicións
Valorarase a asimilación dos contidos impartidos e as lecturas efectuadas, a contribución de cada estudante á exposición do traballo, as súas capacidades comunicativas e de transferencia e as súas capacidades analítica, crítica e argumentativa.
20
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación será contínua.
Para aprobar a materia, o alumnado ten que elixir, de entre os seminarios e eventos propostos polo profesorado, un 60% como mínimo.
Para a mellora e a recuperación na aprendizaxe, é necesario que o/a alumno/a adquira solvencia teórica formulándolle dúbidas ao profesorado, participando nos debates desenvolvidos na aula, consultando a bibliografía recomendada, estudando o material subministrado, etc. Tamén é preciso que efectúe unha revisión crítica dos traballos e proxectos realizados e que incremente o seu coñecemento práctico mediante a asistencia ás manifestacións culturais dos eidos do cinema, a danza, o teatro, a música, a arquitectura e o deseño.
Segunda
convocatoria: indicaráse a cada estudiante aqueles traballos que debe
presentar ou completar e/ou se ten que realizar algunha proba de
avaliación específica.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000