Guia docente 2011_12
E.U. de Enfermería (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Participación nos temas plantexados na aula e o traballo realizado nos grupos.Para obter esta puntuación é "obrigatoria" a asistencia a estes seminarios cando menos no 90% do total das horas, no caso contrario,a avaliación deberá ser a de modalidade non presencial. 10
Probas de tipo test Constará dunha proba obxectiva de 60 preguntas tipo test con 3 alternativas de resposta e só unha delas será a correcta.A realizar o día marcado no calendario oficial de exames.A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: A-E onde A é o número de acertos é E o número de erros, as non respostadas non restan puntuación. Para facer media co resto da avaliación haberá que ter despóis de aplica-la fórmula, unha puntuación de 30 ou máis, ó que equivalería sobre 10 puntos a unha calificación de 5. 40
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Observación das habilidades e destrezas mostradas pola/o alumna/o durante a realización das prácticas nos obradoiros. A asistencia os obradoiros é de carácter obrigatorio e só se permitirá ó 10% de faltas debidamente xustificadas a ditos obradoiros, no caso contrario o alumno pasará a modalidade non presencial.A avaliación será continua, faráse ao longo do cuadrimestre.A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación para a modalidade "non presencial"


A esta modalidade poderanse acoller aquelas/os alumnas/os que por causas debidamente xustificadas non lle sexa posible asistir con regularidade (máis do 90%) aos seminarios, para o que deberán ao comezo da materia comunicarlle ao profesor/a por escrito, que non van asistir aos seminarios coa causa debidamente xustificada que o impida. 
Tamén aquelas/os alumnas/os que por diferentes causas, sempre xustificadas, aínda asistindo a algún seminario, non cheguen á asistencia do 90%. Nos dous casos no terán opción a modalidade de avaliación contínua pasando a la modalidade non presencial.

A avaliación da modalidade non presencial é a seguinte:

1º Un exame tipo test que constará dunha proba a realizar ao finalizar o cuadrimestre, segundo o calendario oficial de exames, que será de 60 preguntas tipo test con 3 alternativas de resposta onde só unha delas será a correcta. A fórmula que se aplicará para obter a puntuación neste apartado será de: A-E. Onde (A) é o número de acertos e donde (E) o número de erros; as respostas non contestadas non restan puntuación. Para facer media co resto da avaliación haberá que obter, logo de aplicar a fórmula, unha puntuación igual ou superior a 30, o que equivalería sobre 10 puntos a unha cualificación de 5. Esta proba ten unha cualificación sobre o total da materia do 50%.

2º A realización dun traballo individual en relación a materia impartida nos seminarios, que se presentará por escrito. Terá unha extensión máxima de 10 follas (contando a carátula) a unha cara con letra arial 12 pto. e un interlineado de 1.5. Para facer media cos outros apartados da avaliación terase que obter 5 puntos sobre 10. O prazo máximo de entrega será marcado pola/o profesor/a no momento correspondente e coa suficiente antelación. Este traballo ten unha cualificación sobre o total da materia do 10%.

3º A execución dunha actividade-procedemento práctico na aula taller en relación os contidos da materia impartidos na aula e a realizar o día marcado do exame e que terá unha cualificación sobre o total da materia de 40% , do mesmo xeito que nos 2 apartados anteriores para obter a cualificación parcial deberase ter neste apartado unha puntuación de 5 puntos sobre 10.
Será necesario para aprobar a materia ter superada a proba práctica, a proba escrita e o traballo individual.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000