Guia docente 2011_12
E. S. de Enxeñaría Informática
Máster Universitario en Consultoría de Software Libre
 Materias
  Dirección e Xestión das TIC,s
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2011_12
Materia Dirección e Xestión das TIC,s Código O06M008V01209
Titulación
Máster Universitario en Consultoría de Software Libre
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OB 1 An
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Rodríguez López, Nuria
Correo-e nrl@uvigo.es
Profesorado
Alonso Nocelo, Josefina
González Jardón, Carlos
Rodríguez López, Nuria
Santos Blanco, Oscar
Web http://www.masterconsultoria.es
Descrición xeral Na actualidade as Tecnoloxías da Información convertéronse nunha ferramenta básica de soporte das operacións das empresas. Xa non é suficiente ter unha boa tecnoloxía (software, hardware,…) nas empresas para seres competitivo, e necesario que esa tecnoloxía estee alindada co negocio para obter unha vantaxe competitiva fronte os competidores. Calquera actividade relacionada co software libre necesita nalgún momento de ferramentas de xestión e control que permitan a su realización con eficiencia e eficacia.

Por outra banda, o software é un produto de consumo como calquera outro, con unha complexidades que ven dada pola función para a que se desenrola, o seu tamaño e o volume de datos que se vai a manexar. Polo tanto, o software así como a súa implementación e implantación, deberanse de axustar perfectamente ás necesidades específicas do usuario para o que se crea, o que necesariamente implica unha estratexia de produción enfocada de cara á planificación por proxectos, dado que esta é a única estratexia que permite adaptarse a situacións únicas e particulares.

Ademais, o software debe ser fiable, veraz e seguro, o que implica uns niveis de calidades altos. Estes niveis altos só poden garantise cuns proceso de desenrolo adecuados e polo tanto, ditos procesos teñen que ser deseñados e implementados seguindo as directrices que dan os modelos de calidades existentes, en especial CMMi (Capability Maturity Model integration), modelo creado exclusivamente para procesos de desenrolo de software.

Deste modo, nesta materia preténdese que os alumnos afonden nos aspectos básicos da xestión empresarial en xeral, e en particular das xestións dos proxectos, dos procesos e da calidade, que inflúen directamente nas actividades de desenrolo do software libre.

Para un seguimento mais doado por parte dos alumnos, a materia estruturase en tres bloques. No primeiro deles abórdase o concepto da xestión por procesos, a súa modelización e medición, e explícanse cómo a mellora realizada a través deste tipo de xestión permite optimizar a realización da actividade empresarial e os seus resultados. Esta primeira parte é a máis xenérica, concretándose en aspectos e aplicacións concretas ó sector TIC nas dúas seguintes.

No bloque dous, preséntanse algúns dos aspectos fundamentais para realizar unha xestión efectiva das TI dentro das empresas, cunha visión práctica e actual no entorno produtivo Galego. Como paso previo discútense diferentes modelos de estruturación típicos dos departamentos TIC, o seu encadre na estrutura xeral da organización e a demanda de servizos externos a través de consultaría. Por último, remárcase a utilización métodos de xestión baseados no establecemento e seguimento de indicadores.

No bloque tres, trátase a xestión de proxectos e a calidade nos procesos de xeración de software, afondando no deseño e implementación destes procesos seguindo as directrices que dan os modelos de calidades existentes, en especial CMMi (Capability Maturity Model integration), modelo creado exclusivamente para procesos de desenrolo de software.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000