Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Linguaxes de programación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Os primeiros minutos adicaranse a explicarlle ó alumno o programa e a dinámica da materia.
O tempo restante repartiranse en varias Unidades Didácticas:
O alumno disporá con anterioridade de documentación das unidades que deberá examinar e comprender, realizando as pertinentes probas de autoavaliación. Cada unha desas unidades disporá dunha sesión de aula para a explicación de puntos clave e resolución de dúbidas.
Traballos tutelados O alumno realizará tres traballos en grupo de dúas ou tres persoas. Os temas dos traballos serán distribuídos previamente por o docente. As especificacións e requisitos de entrega serán publicados no espazo virtual da materia na plataforma faitic.
Resolución de problemas e/ou exercicios O docente presentará a resolución de varios exercicios resolvendo as dúbidas que se presenten.
Presentacións/exposicións O líder do grupo realizará unha presentación do traballo do grupo empregando un proxector e un documento odp. O documento odp xunto terá sido subido previamente ao exercicio apropiado da plataforma de teledocencia no tempo e forma indicados, xunto con unha versión pdf do mesmo.
Cada grupo terá un líder distinto para cada un dos tres traballos; cada un deles preparará a correspondente exposición; farase a presentación a lo menos dun deles elixido por sorteo, e a nota será compartida para todos os membros do grupo.
Prácticas de laboratorio O alumno disporá de unha serie de exercicios a descargar e entregar no espazo virtual da materia na plataforma faitic. Estes exercicios deberán ser entregados dentro de uns prazos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000