Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Sistemas operativos II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Periodicamente, e a lo menos unha vez en cada bloque do temario, pedirase aos alumnos nos grupos pequenos, que resolvan algun problema ou práctica concreta, que será entregada ao profesor para a súa avaliación. A cualificación final será a media aritmética de todos os exercicios realizados.

Os alumnos que non asistan a clase ou teñan suspensa a avaliación das prácticas farán un exame, diante do ordenador, no que se lle pedirá que realice un conxunto de exercicios similares aos realizados nas prácticas de laboratorio.
25
Presentacións/exposicións O proxecto final será avaliado tanto no aspecto da claridade da presentación como no aspecto da calidade do mesmo e tendo en conta a aplicación práctica dos contidos da materia. 25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Farase un exame para avaliar os coñecementos dos alumnos. A este examen deben acudir todos os alumnos e incluirá todos os contidos impartidos da materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En principio enténdese que todos os alumnos seguen a materia de xeito presencial. Se un alumno desexa seguir a materia de xeito non presencial deberá de comunicarllo ao profesor ao inicio do cuatrimestre. Nese caso:

  • Os alumnos non teñen a obriga de asistir ás prácticas. A avaliación das mesma farase por medio do exame práctico, que no seu caso poderá facerse o mesmo día da proba escrita.
  • En caso de que non poda organizar un grupo para a realización do traballo final, será o profesor quen lles asigne tema e compañeiros para a realización do mesmo.
Para que un alumno, presencial ou non presencial, supere a materia deberá superar por separado as tres avaliacións: traballo final, prácticas de laboratorio e proba escrita.

Na segunda convocatoria o alumno só terá que examinarse das partes non aprobadas, conservándose a cualificación obtida na primeira convocatoria para as partes aprobadas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000