Guia docente 2011_12
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Redes de computadoras I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Realizaranse de forma individual ou en grupo e consistirán en actividades orientadas a comprensión da parte teórica da materia. 10
Proxectos Avaliarase o deseño e a implementación, nun simulador de rede, dunha rede LAN. O proxecto realizarase en grupo e desenvolverase de forma incrementar a medida que se avance nas prácticas de forma que se poida aplicar o aprendido nestas.
Avaliarase de forma individual e grupal, de tal forma que a colaboración e o traballo en equipo serán importantes na avaliación final do proxecto.
40
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Cada tema leva asociado unha serie de exercicios que demostren a comprensión do mesmo. 5
Prácticas en aulas de informática Cada práctica proposta leva asociados unha serie de exercicios que haberá que realizar para demostrar a comprensión da mesma. 5
Probas de autoavaliación Ó termo de cada tema o alumno terá que realizar un test para comprobar o seu nivel de comprensión do mesmo. 5
Probas de resposta curta Realizaranse diversas probas teóricas ao longo do curso para comprobar se o alumno acadou as competencias básicas. Constará de preguntas de resposta curta. 12.5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaránse diversas probas prácticas ao longo do curso para comprobar que o alumno acadou as competencias básicas da materia. 12.5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para obter 10% pendente, para sumar o 100% da cualificación, terase en
conta, entre outros, a participación frecuente no Foro de Consultas, a
seriedade na realización das tarefas de autoevaluación e avaliación de compañeiros, a
asistencia regular a clase e a observación do comportamento no grupo.


Para aplicar as porcentaxes e obter a cualificación final é condición
imprescindible acadar uns mínimos en cada unha das partes e que se cumpran os seguintes requisitos:


1. Normalmente, todas as tarefas encomendadas como traballos de aula e
resolución de problemas e prácticas de aula, terán algún resultado concreto que o alumno
deberá preparar. A estes resultados concretos denomínaselles
entregables. Será necesario entregar, correctamente realizados, polo
menos o 80% dos entregables do curso. En caso contrario a cualificación
final na materia será NP.

2. Realizar o proxecto e acadar uns mininos segundo os criterios de evaluación.

3. Realizar todas as probas de autoevaluación, probas de resposta curta
e probas según os mínimos esixidos.


Na segunda convocatoria, os alumnos que non superaron a materia terán
unha oportunidade para demostrar que adquiriron todos os coñecementos da
materia mediante unha proba teórica e unha práctica. Ambas teñen un peso
do 50% sobre a nota final e será imprescindible obter unha
cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000