Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Empresa: Administración da tecnoloxía e a empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Os/as alumnos/as deberán asistir, polo menos, a:

- O 75% das clases de teoría.
- O 75% das clases de seminario.
- O 100% das presentacións.
10
Presentacións/exposicións Presentacións públicas de estudos e traballos. Para poder aprobar a materia poderase esixir unha nota mínima (nunca superior ao 5) nesta proba.

Competencias transversais avaliadas: B1, B2, B3, B7, B10, B11, B12, B13, B15, B16, B18, B19, B20, B21, B22, B23, B24
15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame teórico que recollerá os contidos correspondentes á materia impartida. Haberá un exame parcial liberatorio e un exame final. Para poder aprobar a materia poderase esixir unha nota mínima (nunca superior ao 5) nestas probas.

Competencias de materia avaliadas: todas
Competencias transversais avaliadas: B3, B10, B16, B24
35
Estudo de casos/análise de situacións Proba na que se abordará a resolución dun ou varios casos similares aos realizados nos seminarios durante o curso. Haberá un exame parcial liberatorio e un exame final. Para poder aprobar a materia poderase esixir unha nota mínima (nunca superior ao 5) nestas probas.

Competencias de materia avaliadas: todas
Competencias transversais avaliadas: B1, B3, B16
20
Traballos e proxectos Traballos individuais e/ou colectivos. Se o profesorado o considera oportuno, os/as alumnos/as poderán ter que defender, en horario de titoría, o traballo realizado.

Competencias de materia avaliadas: todas.
Competencias transversais avaliadas: B1, B2, B3, B7, B8, B10, B11, B16
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES.

Os estudantes que por motivos documentalmente xustificados (laborais, imposibilidade demostrada de desprazamento diario a Ourense, problemas de saúde, etc) non poidan realizar con normalidade as actividades do sistema de avaliación por defecto, poderán acollerse a un sistema de avaliación para non asistentes, que consistirá en:

  • Exame teórico que recollerá os contidos correspondentes á materia impartida durante as clases de aula. (60%)
  • Exame práctico acerca dos problemas e casos realizados durante o curso. (40%)

Os estudantes que cumpran as condicións para a avaliación de non asistentes o deberán comunicar ao profesorado responsable da materia ao inicio do cuatrimestre, aportando as evidencias documentais necesarias, e en todo caso no momento en que se manifeste a situación que faga necesario este sistema de avaliación.

SEGUNDA CONVOCATORIA

a) Segunda convocatoria para asistentes.

Realizaranse diversos tipos de exame, segundo os resultados obtidos polo estudante nas diferentes metodoloxías de avaliación. Poderanse pedir a repetición das probas de presentacións/exposicións e a entrega de traballos e proxectos aos estudantes que non as entregaran, ou non chegaran á calificación mínima esixida.

b) Segunda convocatoria para non asistentes.

Utilizarase a mesma metodoloxía de avaliación que na primeira convocatoria.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000