Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Empresa: Administración da tecnoloxía e a empresa
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia, conceptos teóricos, casos de uso, etc. O feito de non asistir non contará negativamente na avaliación do alumno, pero a asistencia a clases si será tida en conta positivamente na súa avaliación.
Seminarios Clases en grupos reducidos, nas que se realizan estudos de casos e análises de situacións relacionados cos temas tratados nas sesións maxistrais, cunha elevada interactividade entre os participantes.
Presentacións/exposicións Presentacións públicas dos traballos realizados, problemas resoltos e casos analizados.
O alumno será avaliado de competencias como a súa capacidade de análise e síntese, de comunicación oral ou de argumentación e xustificación das decisións tomadas.
Estudos/actividades previos Actividades de recensión bibliográfica, resumos, esquemas e lecturas, normalmente co obxectivo de adquirir unha visión introdutoria a conceptos que se desenvolverán en clase.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000