Guia docente 2011_12
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Informática: Programación I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos O alumno terá que realizar un proxecto de programación, a partir dun guión proporcionado polo docente. 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse varias probas parciais ao longo do cuadrimestre, coas que se pretende comprobar se o alumno vai acadando as competencias básicas desta materia. Será obrigatorio que o alumno se presente a todas as probas parciais e que obteña unha nota media igual ou superior a 4 para que esta nota sexa tida en conta na calificación final.
<br><br>Ademáis, durante a cuadrimestre, o alumno deberá facer distintas entregas correspondentes a resolución de problemas e/ou exercicios.
80
Outras Actividades de recuperación para aquel alumnado que non supere a materia na primeira opción. 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na parte relativa a "Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas" evaluarase todo o visto nas clases maxistrales e resolución de problemas e/ou exercicios, de modo que a nota final de esta parte obterase da seguinte maneira:

1. Probas parciais: 60%.

2. Entregas correspondentes a exercicios acordes cos contidos vistos: 20%.

É decir, a cualificación final obtense coa seguinte fórmula:

Cualificación Final = 0.6(nota das probas) + 0.2(nota da resolución de exercicios)+ 0.2(nota de traballos e proxectos).

Para aplicar as porcentaxes e calcular a cualificación final é necesario obter, como mínimo, un 4 nas partes: probas parciais e traballos/proxectos, e ademais que a cualificación final sexa igual ou superior a 5.

O proceso de avaliación para a segunda opción (xullo) consistirá en:

  • unha proba individual escrita que constará de exercicios de estructura similar aos realizados durante o desenvolvemento da materia. O seu peso na nota final será do 60%.
  • unha proba individual de programación sobre o computador cuxo valor corresponderá ao 40% da nota final. Esta proba poderá ser substituída por unha proba escrita dependendo da viabilidade de realizar devandita proba sobre o computador.

Para aplicar as porcentaxes e calcular a cualificación final é necesario obter, como mínimo, un 4 en cada proba, e ademais que a cualificación final sexa igual ou superior a 5.

Para os alumnos non asistentes realizarase, tanto na primeira opción (xaneiro) como na segunda opción (xullo), un proceso de avaliación idéntico o explicado anteriormente para xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000