Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Matemáticas: Fundamentos matemáticos para a informática
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución (en grupo) dunha colección de problemas/exercicios básicos de cada lección.
• Todos os grupos deberán explicar, alomenos, tres exercicios ao longo do semestre.
• Na clase se presenta a solución e se evalúa entre pares. Posteriormente, o docente cualifica e revisa as actividades entregadas.

Competencias: C1, C2, C3, C4, C5, C6, C8, C9, C10, C15, C16, C18, C!9, C20
20
Prácticas de laboratorio Realización de exercicios en grupo coa axuda do software matemático MAXIMA.

Competencias: C7, C9, C10, C13
10
Seminarios Elaboración dun traballo en grupo sobre as aplicacións da Teoría de Números e a Teoría de Grafos na informática. O traballo se realizará mediante Aprendizaxe baseada en problemas/proxectos e inclúe:
• Resolución de problemas/exercicios.
• Realización dunha práctica con Maxima.
• Elaboración dun algoritmo.
• Modelado da aplicación.
• Exposición oral do traballo.
• Elaboración da memoria do traballo.

Competencias: C7, C11, C12, C13, C14, C15, C16, C17, C19, C20, C21
10
Outros Actividades de recuperación para aquel alumnado que non superara a materia na primeira oportunidade. 0
Probas de resposta curta Realización dunha proba de problemas/exercicios ao final de cada lección.

Competencias: C1, C2, C3, C4, C5, C6, C8, C9, C10, C15, C16, C18, C!9, C20
20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dunha proba o finalizar o cuadrimestre na que se recolleran os contidos correspondentes á materia impartida durante as clases de aula. A proba consta de dúas partes:
• Unha de preguntas curtas de carácter teórico-práctico (20%).
• Outra na que se resolverán problemas/exercicios (80%).

Competencias: C1, C2, C3, C4, C5, C6, C8, C9, C10, C15, C16, C18, C!9, C20
35
Outras Asistencia regular ás clases. Todos as semanas os alumnos deberán cubrir a enquisa sobre a adicación non presencial á materia. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación





Avaliación xullo (asistentes):

A avaliación será a mesma que para os non asistentes.

Procedemento de avaliación para non asistentes (xaneiro e xullo):



  • Avaliación
    teórico-práctica:


Descrición:


Realización dunha proba con
dúas partes: unha de carácter teórico-práctico e outra na que se resolverán
exercicios prácticos. Nesta  proba  recolleranse os contidos correspondentes
á materia impartida durante as clases de aula e de prácticas.



Cualificación: 80%



  • Avaliación prácticas de
    laboratorio:


Descrición: exame práctico acerca dos temas tratados no laboratorio ao longo do curso.



Cualificación: 10%



  • Realización traballo:

Descrición:exposición
oral acerca dun tema de aplicación dos contidos da materia á informática que se
lle asignara e sobre o que deberán ter traballado a partir dunhas referencias
bibliográficas básicas. Ademais, deberán entregar unha memoria escrita sobre o
tema.



Cualificación: 10%



Os alumnos que superen as  prácticas de laboratorio e o traballo en xaneiro, non terán que avaliarse desas partes en xullo. A cualificación desas partes será a obtida en xaneiro.

 


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000