Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Matemáticas: Fundamentos matemáticos para a informática
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. En concreto:
• Na primeira sesión de aula grande, o docente presentará a materia, e explicará a información que aparece nesta guía docente.
• Na primeira semana do curso, os estudantes realizarán unha proba individual de nivel onde reflexen o nivel de coñecementos e técnicas matemáticas relacionados co contido da materia.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do docente que se ilustran con numeros exemplos e aplicacións.
Resolución de problemas e/ou exercicios Formulación, análise, resolución e debate dun problema ou exercicio relacionado coa materia impartida, tanto por parte do docente como dos estudantes:
• Para ilustrar e completar a explicación de cada lección.
• Paralelamente, se proporán exercicios e problemas que os estudiantes deben resolver en grupo.
Prácticas de laboratorio Se realizarán en grupo diversos exercicios coa axuda do programa de software libre de cálculo científico e simbólico MAXIMA. Entre os obxectivos de aprendizaxe das practicas de laboratorio se destacan:
• A comprensión dos conceptos estudiados nas clases de aula.
• A resolución de problemas de difícil ou costosa solución sen a axuda do programa.
Titoría en grupo Na titoría en grupo o docente fará un seguimento do proceso de aprendizaxe do alumnado, como se describe a continuación:
• Atención e resolución das dúbidas do alumnado en relación ás diferentes actividades da materia, facendo fincapé na aprendizaxe dos contidos onde se perciba unha maior dificultade.
• Se pretende utilizar como un espazo onde os alumnos reciban un feed-back en tempo real da avaliación das actividades realizadas.
Seminarios Os estudantes, organizados en grupos, desenvolven proxectos basados en situacións reais.
Se usará Aprendizaxe Baseada en Problemas/Proxectos na elaboración dun traballo sobre unha aplicación da Teoría de Números/Teoría de Grafos na informática.
Metodoloxías integradas APRENDIZAXE COLABORATIVA
É unha estratexia didáctica que parte da organización da clase en pequenos grupos onde os alumnos traballan de forma coordinada para resolver tareas académicas e desenvolver a súa propia aprendizaxe.
Este técnica de aprendizaxe se utilizará nas seguintes actividades: estudios no aula, resolución de problemas/exercicios, prácticas de laboratorio e seminarios. Todas as actividades propostas para entregar se realizarán en grupos de traballo de 3-5 alumnos.

Nota: na planificación docente da resolución de problemas, das prácticas de laboratorio e do seminario se inclúen as horas de aprendizaxe colaborativa.


Outros Actividades de recuperación para aquel alumnado que non superara a materia na primeira oportunidade.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000