Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Dereito: Fundamentos éticos e xurídicos das TIC
   Contidos
Tema Subtema
I.- Implicacións éticas e xurídicas das TIC e da Sociedade da Información e do Coñecemento TICs e dereitos fundamentais. Introducción ao fenómeno liberties pollution e as súas implicacións na dignidade, liberdade e igualdade. As xeracións de dereitos fundamentais. Especial referencia a última xeración de dereitos fundamentais
II.- Tratamento de datos persoais e dereitos fundamentais: a regulación nacional, comunitaria e internacional. O dereito fundamental á protección dos datos persoais: contido e elementos. Os principios de calidade dos datos. Especial referencia aos datos sensibles. Os dereitos dos afectados e os deberes do responsable do tratamento ou do ficheiro. A regulación dos ficheiros de datos persoais. Procedemento de alta, baixa e modificación do ficheiro ante a Axencia Española de Protección de Datos. A conformidade da seguridade do sistema informático á lexislación en vigor. Os códigos tipo. Tipos de ficheiros. Infraccións e sancións. Internet e a protección dos datos persoais.
III.-O réxime xurídico dos servizos e sistemas de información. Obrigas dos prestadores de servizos. Especial referencia ás obrigas en materias de conservación de datos relativos ás comunicacións electrónicas e ás redes públicas de comunicacións. A contratación electrónica. O réxime de sancións aplicable aos prestadores de servizos da Sociedade da Información. Medidas de impulso da Sociedade da Información.
IV.-O réxime xurídico dos programas de ordenador. Obxecto da protección e titularidade dos dereitos. Duración da protección. Contido e límites dos dereitos de explotación. Protección rexistral, medidas de protección e infracción de dereitos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000