Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
Materias
Matemáticas: Álxebra lineal
Avaliación
Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución dunha colección de problemas/exercicios de cada lección.

• Cada semana se proporán exercicios e problemas que os estudantes deben resolver (en grupo).

• Todos os grupos deberán explicar, alomenos, un exercicio nas clases prácticas ao longo do semestre.

*Ver Metodoloxías integradas: aprendizaxe colaborativa.
10
Prácticas de laboratorio Realización de exercicios con axuda do software matemático MAXIMA.
• En cada práctica de laboratorio se realizarán (en grupo) diversos exercicios coa axuda do computador.

*Ver Metodoloxías integradas: aprendizaxe colaborativa.
10
Metodoloxías integradas Elaboración dun traballo (en grupo) sobre as aplicacións das Transformacións xeométricas/Aplicacións lineais na informática. O traballo se realizará mediante Aprendizaxe baseada en problemas/proxectos e inclúe:

• Resolución de problemas/exercicios.

• Realización dunha práctica con Maxima.

• Elaboración dun algoritmo en pseudocódigo/diagrama de fluxo.

• Modelado da aplicación.

• Exposición oral do traballo.

• Formulación e avaliación de exercicios propostos aos compañeiros de grupo reducido.

• Elaboración da memoria do traballo.

*Ver Metodoloxías integradas: aprendizaxe colaborativa e aprendizaxe baseada en problemas/proxectos.
10
Outros Actividades de recuperación para aquel alumnado que non superara a materia na primeira oportunidade. 0
Probas de resposta curta Realización dunha proba de problemas/exercicios ao final de cada lección. 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dunha proba o finalizar o semestre na que se recolleran os contidos correspondentes á materia impartida durante as clases de aula. A proba consta de dúas partes:
• Unha de preguntas curtas de carácter teórico-práctico.
• Outra na que se resolverán problemas/exercicios.
35

Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación xaneiro (asistentes):

Asistencia regular ás clases: 5% da cualificación final.

Avaliación xullo (asistentes):

A avaliación será a mesma que para os no asistentes.

Procedemento de avaliación para non asistentes (xaneiro e xullo):

* Avaliación teórico-práctica:

Descrición:

Realización dunha proba con dúas partes: unha de carácter teórico-práctico e outra na que se resolverán exercicios prácticos. Nesta  proba  recolleranse os contidos correspondentes á materia impartida durante as clases de aula e de prácticas.

Cualificación: 80%

* Avaliación prácticas de laboratorio:

Descrición: exame práctico acerca dos temas tratados no laboratorio ao longo do curso.

Cualificación: 10%

* Realización traballo:

Descrición: exposición oral acerca dun tema de aplicación dos contidos da materia á informática que se lle asignara e sobre o que deberán ter traballado a partir dunhas referencias bibliográficas básicas. Ademais, deberán entregar unha memoria escrita sobre o tema.

Cualificación: 10%

Os alumnos que superen as  prácticas de laboratorio e o traballo en xaneiro, non terán que avaliarse desas partes en xullo. A cualificación desas partes será a obtida en xaneiro.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000