Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Matemáticas: Álxebra lineal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. En concreto:
• Na primeira sesión de aula grande, o docente presentará a materia, e explicará a información que aparece nesta guía docente.
• Na primeira semana do curso, os estudantes realizarán unha proba individual de nivel onde reflexen o nivel de coñecementos e técnicas matemáticas relacionados co contido da materia.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do docente que se ilustran con numeros exemplos e aplicacións.
Resolución de problemas e/ou exercicios Formulación, análise, resolución e debate dun problema ou exercicio relacionado coa materia impartida, tanto por parte do docente como dos estudantes:
• Para ilustrar e completar a explicación de cada lección, o docente realizará diversos exercicios.
• Paralelamente, cada semana se proporán exercicios e problemas que os estudiantes deben resolver (en grupo) para a seguiente clase de prácticas de pizarra.
Prácticas de laboratorio En cada práctica de laboratorio se realizarán (en grupo) diversos exercicios coa axuda do programa de software libre de cálculo científico e simbólico MAXIMA. Entre os obxectivos de aprendizaxe das practicas de laboratorio se destacan:
• A comprensión dos conceptos estudiados nas clases de aula.
• A resolución de problemas de difícil ou costosa solución sen a axuda do programa.
Titoría en grupo Na titoría en grupo o docente fará un seguimento do proceso de aprendizaxe do alumnado, como se describe a continuación:
• Atención e resolución das dúbidas do alumnado en relación ás diferentes actividades da materia, facendo fincapé na aprendizaxe dos contidos onde se perciba unha maior dificultade.
• Se pretende utilizar como un espazo onde os alumnos reciban un feed-back en tempo real da avaliación das actividades realizadas.
Metodoloxías integradas
Aprendizaxe baseada en problemas/proxectos.

É unha estratexia didáctica na que os estudantes, organizados en grupos, desenvolven proxectos basados en situacións reais.
Esta técnica de aprendizaxe se usará na elaboración (en grupo) dun traballo sobre unha aplicación das Transformacións xeométricas/Aplicacións lineais na informática.

*Antes do comezo da actividade o docente facilitará unha guía para a súa elaboración.

Outros Actividades de recuperación para aquel alumnado que non superara a materia na primeira oportunidade.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000