Esta materia enmárcase dentro da materia Matemáticas e se imparte no primeiro semestre do primeiro curso, durante o que tamén se impartirá a materia Fundamentos Matemáticos para a Informática. No segundo semestre do primeiro curso ubícase a materia Análise Matemática para a Informática e no primeiro semestre do segundo curso, a materia Estatística.
A materia ten carácter de formación básica e nela adquírense competencias necesarias para outras materias da titulación, incluíndo estrutura de datos, programación e linguaxes informáticas.