Seminarios |
Unha parte do temario trátase nunha sesíón de grupo coordinada polo profesor ou algún experto na materia convidado para a ocasión, podendo participar das discusións todo o alumnado do curso e extraendo conclusións persoais e colectivas sobre o tratado. |
5% |
Traballos tutelados |
O estudante, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma de/dos estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... |
30% |
Informes/memorias de prácticas |
A memoria ou relatorio incluirá a reflexión persoal acerca dos materiais traballados nas sesións de seminario ou explicación por parte dos profesores. Considérase polo tanto que o 10% que suman estas dúas actividades, engádese ao 60% da propia memoria, na medida en que esta reflexe o debate realizado na aula no momento de traballar eses materiais.
|
60% |