Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Psicoloxía: Métodos e técnicas de investigación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Nos seminarios levaranse a cabo actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico que permita profundar ou complementar os contidos da materia. Sempre que se considere oportuno, utilizaranse como complemento das clases teóricas. Haberá control de asistencia. 10
Supón un 10 da nota final.
Traballos tutelados Poderanse realizar en grupo (2 a 4 membros). Cada un dos compoñentes obterá a mesma nota. Na valoración dos traballos tera en contase aspectos e criterios como o rigor científico con que foron desenvolvidas as fases da investigación e a capacidade do alumno para ser creativo e orixinal na forma de presentar, analizar e sintetizar os resultados e as reflexións que realiza sobre eles. 20
Supón un 20 da nota final.
Presentacións/exposicións Valorarase a presentación dos traballos e as exposicións dos exercicios/actividades solicitadas aos alumnos. Dependendo do carácter do mesmo, a avaliación será individual ou en grupo. 10
Supón un 10 da nota final.
Probas de tipo test Ao principio do curso proporase ao alumnado un ensino presencial cunha avaliación continua, que constará dunha proba obxectiva, composta por 15-20 preguntas tipo test. Estas probas de avaliación das competencias adquiridas inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (elección múltiple, verdadeiro/falso, etc.) Este tipo de avaliación resulta apropiada nunha materia de carácter fundamentalmente metodolóxica como é a que nos ocupa. Isto implica unha comprensión dos conceptos teóricos explicados, tendo en conta que, por un lado, se precisa coñecer o que un termo específico denota e, doutra banda, traballar nunha situación concreta. Desta maneira, evítanse valoracións nesgadas positivamente como consecuencia dunha mera retención memorística. Para a superación da materia é imprescindible ter realizadas todas as probas. 60
Supón un 60 da nota final.
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN DOS PROCESOS E RESULTADOS DE APRENDIZAXE. CRITERIOS DE AVALIACIÓN


            En coherencia coa proposta metodolóxica presentada defendemos unha proposta holística de avaliación. Por unha banda, unha avaliación inicial ou diagnóstica ó inicio de cada unidade temática, mediante a formulación de cuestións abertas relativas ao tema específico que se vai abordar, coa finalidade de sondear os coñecementos previos que os estudiantes teñen. En segundo lugar, apostaremos por unha avaliación de proceso, que nos permita facer un seguimento da aprendizaxe dos estudiantes, dos progresos do grupo e, na medida que sexa posible (polo número de alumnos/as), de cada individuo.  Para facer posible esta avaliación faremos uso da observación sistemática, das titorías e da análise de tarefas.  E, por último, a avaliación final na que se terán en conta diferentes aspectos, valorados segundo o grado de  asistencia e seguimento por parte dos estudiantes, polo que nesta materia contémplanse diferentes opcións para estudiantes asistentes e non asistentes.


            1.- Criterios específicos de avaliación para ASISTENTES.


            Considéranse alumnas/os asistentes os que asistan a un mínimo do 80% das sesións maxistrales e do 80% dos seminarios. As actividades puntuadas son ás seguintes:


1.  Probas tipo test (ata 6 puntos).


2. Traballos tutelados (ata 2 puntos). Estableceranse prazos de entrega consesuados entre o profesor e o alumno/a.


3. Seminarios (1 punto).Serán sesións prácticas no laboratorio ou na aula. Veranse diferentes materiais (fontes documentais, recursos informáticos, etc.) relacionados coas temáticas da materia. Controlarase a asistencia.


4. Presentacións/expocsicións (ata 1 punto). Valorarase a presentación dos traballos e as exposicións dos exercicios/actividades solicitadas aos alumnos. Dependendo do carácter do mesmo, a avaliación será individual ou en grupo.


 Independentemente das puntuacións outorgadas a cada unha das actividades, valorarase a asistencia, participación e actitude (ata 1 punto). A avaliación da docencia de aula levarase a cabo co seguimento das actividades propostas; a avaliación da docencia de prácticas, mediante control da participación, ademais de calquera outro requisito esixido para o seu desenvolvemento.


            É obrigatorio realizar todas ás actividades. Para obter unha avaliación positiva e, en consecuencia, superar a materia será preceptivo alcanzar a nota mínima de 3 puntos nas probas tipo test, 1 punto nos traballos tutelados,  0,75 nos seminarios e 0,25 nas presentación/exposicións. O non obter estas puntuacións supón non ter alcanzado os obxectivos mínimos da materia na súa totalidade.


            2.- Criterios específicos de avaliación para NON ASISTENTES.


            Deben falar co profesor nas  dúas primeiras semanas de clases. As actividades puntuadas son ás seguintes:


1. Proba global tipo test (ata 7 puntos). A proba será similar ás dos asistentes, e o material será o mesmo.


2. Traballo tutelado (ata 3 puntos). Terá que ser presentado por escrito e oralmente ao profesor. Estableceranse prazos de entrega consesuados entre o profesor e o alumno/a.


            É obrigatorio realizar todas ás actividades. Para obter unha avaliación positiva e, en consecuencia, para superar a materia será preceptivo alcanzar a nota mínima de 3,5 puntos na proba tipo test e 1,5 no traballo tutelado. O non obter estas puntuacións supón non ter alcanzado os obxectivos mínimos da materia na súa totalidade.


            3.- Segunda convocatoria.


            As competencias non superadas derivadas da totalidade ou de parte das probas/actividades obxecto de avaliación, poderán ser recuperadas na convocatoria de Xullo.


            NOTA IMPORTANTE: A ficha terase que entregar nas dúas primeiras semanas de clases, deixando constancia do tipo de asistencia elixida e grupo.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000