Código |
Descrición |
A2 |
Analizar situacións sociais obxecto de intervención, planificar, desenvolver, executar, revisar e avaliar a práctica do traballo social con persoas, familias, grupos, organizacións, e comunidades e con outros profesionais |
A4 |
Actuar preventivamente e na resolución das situacións de risco para a cidadanía, para si mesmo/a e para os colegas de profesión |
A5 |
Administrar e ser responsable, con supervisión e apoio, da propia práctica dentro da organización |
A6 |
Demostrar competencia profesional no exercicio do traballo social |
A7 |
Establecer relacións profesionais co fin de identificar a forma máis adecuada de intervención |
A8 |
Interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas achega das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos, considerando a diversidade cultural -e polo tanto a especificidade das minorías étnicas, culturais, lingüísticas...-, a esixencia de promover a igualdade entre homes e mulleres, a necesidade de tender cara a unha sociedade ambientalmente sustentable e de defender os valores da paz |
A9 |
Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención |
A10 |
Responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados |
A19 |
Defender as persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades e actuar no seu nome se a situación o requirir |
A20 |
Preparar e participar nas reunións de toma de decisións co fin de defender mellor os intereses das persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades |
A21 |
Establecer e actuar para a resolución de situacións de risco previa identificación e definición da natureza da mesma |
A23 |
Administrar e ser responsable do seu propio traballo asignando prioridades, cumprindo coas obrigacións profesionais e avaliando a eficacia do propio programa de traballo |
A25 |
Xestionar e presentar historias e informes sociais manténdoos completos, fieis, accesibles e actualizados como garantía na toma de decisións e valoracións profesionais; con especial precaución a respecto do dereito dos usuarios e das usuarias á confidencialidade, ao segredo profesional e á protección de datos |
A26 |
Traballar de xeito eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e «multiorganizacionais» co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuíndo igualmente a abordar de xeito construtivo os posibles puntos de vista existentes |
A27 |
Participar na administración e dirección de entidades de benestar social |
A30 |
Xestionar conflitos, dilemas e problemas éticos complexos identificando os mesmos, deseñando estratexias de superación e reflexionando sobre os seus resultados |
B1 |
Capacidade de análise e síntese |
B2 |
Capacidade de organización e planificación |
B3 |
Capacidade reflexiva |
B4 |
Comunicación oral e escrita nas linguas nativas |
B8 |
Capacidade de xestión da información |
B9 |
Resolución de problemas |
B10 |
Toma de decisións |
B14 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
B15 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade |
B16 |
Razoamento crítico |
B17 |
Compromiso ético |
B18 |
Aprendizaxe autónoma |
B19 |
Adaptación a novas situacións |
B23 |
Motivación pola calidade |
B24 |
Sensibilidade cara a temas medio ambientais, igualdade entre home e mulleres, cultura da paz, etc. |