Saídas de estudo/prácticas de campo |
Visitas a institucións prestadoras de servizos sociais que gardan relación co ámbito da discapacidade e da vellez. Estas saídas desenvolveranse en grupos medianos. Combinaranse estas saídas coas da materia de Fundamentos dos servizos sociais. |
Presentacións/exposicións |
Exposición, por parte do alumnado, ante a docente e/ou un grupo de estudantes, dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto etc. Pódese levar a cabo individualmente ou en grupo. Desenvolverase en grupo mediano. |
Seminarios |
Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. Empregaranse como complemento das clases teóricas. Desenvolverase en grupo mediano. |
Traballos tutelados |
Os/As estudantes, de xeito individual ou en grupo, elaborarán aqueles exercicios que se lles encomenden relacionados coa temática da materia e coa súa aprendizaxe. Este traballo será supervisado pola docente no que atinxe á procura e recollida de información, á estruturación correcta do traballo, ao manexo de bibliografía, á boa redacción, á presentación, á exposición etc. Esta supervisión realizarase en pequeno grupo. |
Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto, a reunir información sobre o alumnado e a presentar a metodoloxía docente, a avaliación e os contidos xenéricos da materia. Desenvolverase esta metodoloxía en gran grupo. |